spot_img
InicioGaliciaAldeas Infantiles SOS educará en igualdade a 13.800 alumnos galegos

Aldeas Infantiles SOS educará en igualdade a 13.800 alumnos galegos

Aldeas Infantiles SOS educará en igualdade a 13.800 alumnos galegosAldeas Infantiles SOS, organización de atención directa á infancia vulnerable pon en marcha a vixésimo primeira edición dos seus programas de Educación en Valores, que chegarán durante o presente curso a 13.800 escolares galegos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Co obxectivo de fomentar a igualdade na escola e de facer reflexionar aos máis novos sobre a riqueza da diversidade en pos da igualdade de oportunidades, Aldeas Infantiles SOS pon en marcha a vixésimo primeira edición dos seus programas educativos “Abraza os teus valores”, destinado a nenos de Infantil e Primaria (de 4 a 12 anos), e “#Parar a pensar”, dirixido a alumnos de Secundaria (de 12 a 16 anos). Neles participarán 13.800 alumnos de 138 centros de ensino de Galicia.

Transmitir aos máis pequenos que sentirse único non é incompatible con saberse igual ao outro; que compartindo cos demais aprendemos a superarnos e a ampliar os nosos horizontes; ou que a diversidade é unha fonte de riqueza e de crecemento persoal son algúns dos obxectivos perseguidos con estes programas educativos. O fin último é espertar o espírito crítico nos nenos e sensibilizalos na tolerancia e a solidariedade con aqueles que parten en desvantaxe. “Só así, desde esa mirada máis global, poderemos traballar para converter en realidade o noso desexo de igualdade e de convivir nun mundo sen violencia”, explica o presidente de Aldeas Infantiles SOS, Pedro Puig.

A igualdade de oportunidades para todos, especialmente para aqueles que parten de situacións de desigualdade, e as cuestións de xénero serán dous dos aspectos crave que se traballarán nos programas. Segundo manifesta Pedro Puig, “os nenos constrúen o rol de xénero desde as idades máis temperás, polo que é o momento de axudarlles a reflexionar sobre os xéneros desde a igualdade, desde o seu carácter único e complementario, e poñendo o acento na importancia de valorar á persoa pola súa humanidade, pola súa personalidade, os seus sentimentos e as súas accións”.
PROGRAMAS EDUCATIVOS DE

ALDEAS INFANTILES SOS EN GALICIA

PROVINCIANº CENTROSNº ALUMNOS
A CORUÑA545.400
LUGO181.800
OURENSE131.300
PONTEVEDRA535.300
TOTAL13813.800

Aldeas Infantiles SOS leva máis de vinte anos achegando os valores á contorna escolar a través destes programas educativos. Con eles, promóvese a reflexión e o diálogo sobre os valores humanos esenciais entre os alumnos, os profesores e as familias, co obxectivo último de forxar mellores persoas e cidadáns máis responsables, así como achegar aos nenos e adolescentes os recursos emocionais e relacionales necesarios para que descarten a violencia nas súas accións. “Se queremos que os nenos aprendan a convivir sen violencia temos que ensinarlles que ninguén é máis que ninguén e que todos temos os mesmos dereitos e obrigacións”, explica o presidente da organización.

A responsabilidade, a confianza, o respecto, a empatía, a tolerancia, a solidariedade, o compromiso ou o esforzo foron algúns dos valores que esta organización traballou na aula durante estes anos.
Cos seus programas de Educación en Valores, Aldeas contribúe, ademais, ao logro do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable nº4: Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos.
Os materiais constan dun manual para o profesor repleto de actividades e recursos didácticos, e inclúen información sobre como participar nos plenos infantís “Deputados por un Día”, que se celebrarán nos Parlamentos de todas as Comunidades Autónomas ao longo do curso escolar co obxectivo de fomentar o dereito de participación dos nenos na sociedade. Estes programas educativos poden descargarse @gratuitamente na páxina web www.aldeasinfantiles.es/educa.
- Publicidade -spot_img