spot_img
InicioBaixo Miño900 anos do Sínodo galego de San Bartolomeu

900 anos do Sínodo galego de San Bartolomeu

O aniversario do Concilio celebrado en San Bartolomeu no ano 1118 representa unha ocasión extraordinaria para amosar a riqueza histórica e artística de Tui, coa sede episcopal instalada no mosteiro de San Bartolomeu desde o século XI.

San Bartolomeu xunto con San Martiño de Mondoñedo son os primeiros exemplos do románico en Galicia, mentres que o Concilio mostra unha fronteira aínda en formación pero no social e no eclesiástico unida á sede tudense.

Con este motivo o Instituto de Estudios Tudenses organiza este ano un ciclo de conferencias co gallo do aniversario do Concilio galego de San Bartolomeu de Rebordáns.

O título que rexirán as conferencias será “1118 La huella de Gelmírez en la sede tudense”.

As conferencias desenvolverán tanto os aspectos artísticos coma históricos que ligan a celebración dese Concilio co arcebispo Diego Gelmírez, promotor do concilio, e os seus vencellos coa área tudense.

Javier Castiñeiras e Rafael Fandiño profundizaron nestes e noutros aspectos nas súas recentes teses de doutoramento, mentres que o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Ermelindo Portela, expoñerá sobre o seu extenso traballo na rexión do bispado de Tui facendo fincapé sobre as ligazóns entre o arcebispo Gelmírez e a fronteira do Miño.

O sábado 17 de novembro terán lugar tres conferencias:

12.00h. Javier Castiñeiras López, “San Bartolomé de Rebordáns y el primer románico”, que terá lugar na igrexa de San Bartolomeu.

16.30h. Rafael Fandiño Fuentes, “El paso de unas reliquias por el río Miño: Diego Gelmírez y “el Pío Latrocinio”, na sala Félix Rodríguez-Área Panorámica (Tui).

18.00h. Ermelindo Portela Silva, “Diego Gelmírez y la frontera del Miño”, na sala Félix Rodríguez-Área Panorámica (Tui).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.