A Agrupación Musical de Goián consegue dous premios no XII Certame Galego de Bandas de Música

Agrupación Musical de Goián consegue dous premios no XII Certame Galego de Bandas de MúsicaA Agrupación Musical de Goián consegue no XII Certame Galego de Bandas de Música o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega e un 3º premio

A participación nun certame de bandas sempre é un reto importante para calquera agrupación. A súa preparación comeza meses antes e intensifícase nas semanas previas: ducias de ensaios xerais e parciais, clases cos profesores, dous concertos preparatorios (en Bembrive e Goián), análise das gravacións, ensaio cos reforzos, etc. O mestre Pedro Villarroel dirixiu e coordinou todo este traballo sendo o principal responsable do éxito acadado.

Dende o primeiro certame no ano 2001, a banda de Goián xa leva participado nuns cuantos. Sen embargo, este foi diferente. Era a primeira vez que encargaban a obra libre para a ocasión e, ademais, a un compositor da casa: Andrés Álvarez, que dirixiu varios ensaios e participou como trompetista no certame. Súa obra: “BELTANE”, supuxo unha motivación extra para os compoñentes da banda.

Esta foi a 2º ocasión na que esta agrupación actuaba no actúa no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O xurado recompensou a súa actuación con dous premios:

  • Mellor interpretación de obra libre de temática galega: “Beltane” de Andrés Álvarez
  • Terceiro premio na sección terceira

Sobre o escenario e baixo a batuta de Pedro Villarroel actuaron: Aarón, Adrián percusión, Adrián trompa, Adrián trompeta, Adriana, Alexandre, Alicia, Almudena, Ana, Andrés clarinete, Andrés trompeta, Antón, Aroa, Begoña, Carlos, Carlota, Chus, Cristina, David oboe, David bombardino, Débora, Desirée, Diego, Eresí, Fabián, Gonzalo, Iria clarinete, Iria trompa, Juanda, Juanjo, Laura, Lucía clarinete, Lucía saxofón, Marina, Marta, Mateo, Mauro, Miguel, Nadia, Nahom, Nicolás, Noelia, Oliver, Patri, Paula, Paulo, Rui, Sagrario, Sara e Sergio.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies