Inicio Val Miñor Gondomar O Obradoiro de Turismo Valmiemprega III leva alumnos do CEIP Serra de...

O Obradoiro de Turismo Valmiemprega III leva alumnos do CEIP Serra de Vincios de visita polo ecosistema dunar Praia América-Panxón

O Obradoiro de Turismo Valmiñor III leva alumnos do CEIP Serra de Vincios de visita polo ecosistema dunar Praia América-Panxón A especialidade de Promoción Turística do Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, realizou hoxe unha visita guiada cos 45 alumnos de 1º y 2º de Primaria do CEIP Serra de Vincios de Gondomar, acompañados do seu profesorado.

A ruta denominada “Un mar de area, un mar de sentidos”, desenvolveuse facendo un percorrido interpretativo que comezou no ENIL Ecosistema dunar Praia América-Panxón, onde se fixo unha parada para observar o proceso de rexeneración das antigas Dunas de Gaifar.

O percorrido a carón de Praia América consistiu na observación da Baía de Baiona e todas as súas características xeográficas, os seus límites, cabos, etc.

O alumnado tivo ocasión de coñecer algo máis sobre a historia do turismo nesta zona e da figura de Manuel Lemos, precursor das primeiras edificacións de Praia América, e saber máis sobre a peculiar casa coñecida como Torre Quirosno.

O itinerario completouse cunha volta arredor de Montelourido e as súas fermosas panorámicas sobre a Baía, a observación de Baiona, o Illote da Garza ou as Illas Estelas, e as Cíes.

Finalizou o itinerario na Foz do Miñor, espazo protexido dentro da Rede Natura, importante polos seus valores ecolóxicos e por ser unha zona de observación ornitolóxica. O remate foi no Parque da Ramallosa.O Obradoiro de Turismo Valmiñor III leva alumnos do CEIP Serra de Vincios de visita polo ecosistema dunar Praia América-Panxón

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies