spot_img
InicioBaixo MiñoA vella Ponte Internacional volverá a ser o escenario do Festival IKFEM

A vella Ponte Internacional volverá a ser o escenario do Festival IKFEM

A vella Ponte Internacional volverá a ser o escenario do Festival IKFEMO Concello de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio de colaboración anual por importe de 15.000€

Na mañá de hoxe tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença. Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.

Tras a aprobación en pleno do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e o festival, o evento musical recibirá unha achega anual da administración local por valor de 15.000€. Será un convenio que “afiance a relación entre ambos e xerará sinerxías na creación do programa e actividades” segundo a directora do IKFEM, Andrea González.

O IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, vaise celebrar do 14 ao 21 de xullo. 

Esta sétima edición celebrarase baixo o lema “Music and Fashion” do 14 ao 21 de xullo, ampliando a sete días a súa programación. Ademáis, este ano recuperan como escenario a Vella Ponte Internacional.

A vella Ponte Internacional volverá a ser o escenario do Festival IKFEM

O alcalde de Tui, Carlos Váquez Padín, destacaba a importancia de apoiar este festival xa que é un dos puntos clave do Plan Estratéxico de Turismo de Tui para atraer visitantes á cidade. Apuntaba que con esta sinatura “se vai estruturando o calendario cultural de maneira estable, con pretensión de continuidade e de fortalecemento dos eventos como unha forma de reforzar a marca Tui e Eurocidade”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.