Inicio Pontevedra Baixo Miño Goián acolle a presentación do documental sobre a vida e obra do...

Goián acolle a presentación do documental sobre a vida e obra do pintor Antonio Fernández

Goián acolle a presentación do documental sobre a vida e obra do pintor Antonio FernándezA obra, de hora e media de duración, con dirección e guión do actor Suso Pando, proxectarase no auditorio goianés o vindeiro domingo ás 20.00h

“A arte da humildade”. Este é o nome do documental sobre a vida e a obra do pintor Antonio Fernández Gómez, que poderá verse este domingo en Goián, con guión e dirección de Suso Pando.

O propio autor do traballo audiovisual foi o encargado de presentalo ante os medios de comunicación esta mañá, acompañado pola alcaldesa Sandra González, o concelleiro Uxío Benítez; o músico Andrés Álvarez (creador da banda sonora) e o veciño goianés Mané Villa, presidente da Asociación Cultural Antonio Fernández.

O primeiro en falar foi Uxío Benítez, veciño de Goián, para facer un resumo do traballo desenvolto dende o ano 2013 co fin de por en valor a figura do artista. Referiuse neste sentido, á implicación de “todas as asociacións de Goián e de moitos veciños a título individual” para conseguir dar relevo a unha figura tan importante coma a de Antonio Fernández, cuxa labor transcendeu o terreo puramente artístico, alcanzando tamén o antropolóxico e o filantrópico. Citou nesta liña, a creación da Comisión Antonio Fernández e, posteriormente, da asociación cultural do mesmo nome; o Certame ao Aire Libre, a páxina web e a Aula-Museo Antonio Fernández de Goián, o traballo de documentación realizada por Sara Quintana e unha obra de teatro, dirixida tamén por Suso Pando.

Como xurdiu a idea do documental? 

“A raiz do éxito da obra de teatro que se fixo, e na que tamén participou a banda de Goián, falando con Suso, decidimos que sería bo aproveitar o traballo feito e pasalo a un documental que explicase a vida de Antonio Fernández” explicou Benítez.

Goián acolle a presentación do documental sobre a vida e obra do pintor Antonio Fernández
Suso Pando, Andrés ävarez e Mané VIlla

Suso Pando, destacado actor galego (Fulano, Mengano e Citano), explicou que o fío argumental do documental é unha entrevista publicada en setembro de 1970 (pouco antes da morte do pintor) no Faro de Vigo, polo xornalista Rodrigo Varela, recentemente falecido, pero que alcanzou a recrear a conversa mantida hai case 50 anos co artista goianés.

O director afirmou sentirse moi vencellado á figura de Antonio Fernández, da que destacou a súa grande humildade e xenerosidade, ademais da súa grandeza artística.

Recrear na ficción a entrevista a Antonio Fernández 

Quen vai a encarnar a Antonio Fernández?, está é unha das cuestións que se plantexaban. Pando explica que “necesitábamos que fose unha persoa que tivese máis o menos a misma idade, non tiñamos moitos medios nin tempo e entonces xurdiu unha das figuras deste documental, Manuel Otero, un ourensan que non é actor profesional” e do que Pando destaca que “unha das cousas que me emocionou é a súa sensibilidade, tendo en conta que non é actor”

Pando agradeceu o apoio do Concello de Tomiño e a axuda prestada pola veciñanza e entidades e persoas colaboradoras para que a creación do documental, de hora e media de duración, fora posible. Asemade, salientou a música do compositor goianés Andrés Álvarez e a colaboración especial de Mané Villa coma presidente da Asociación Cultural Antonio Fernández.

Pola súa banda, Mané Villa, aproveitou para lembrar que unha vez alcanzados os obxetivos da comisión, “uns cantos decidimos que tíñamos que continuar con aquela labor e dando continuidade ao traballo da Asociación, polo que aproveitaremos a proxección do documental o próximo domingo, para presentar en público lo que pensamos e un libro sobre Goián, no que facemos un pouco de historia local, etc., que nos servirá como financiación para a Asociación”. Villa tamén nos contou que na actualidade, ten no seu poder 70 borradores de cartas de Antonio Fernández dos cuais, ten transcritos a mitade, ademáis de unha pequena autobiografía del propio pintor.

A proxección do documental será este domingo, 5 de maio, ás 20.00h no Auditorio de Goián, entrada de balde, aforo limitado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies