Inicio Pontevedra Arousa O Auditorio de Vilagarcía vestirase de gala para acoller o acto de...

O Auditorio de Vilagarcía vestirase de gala para acoller o acto de entrega dos VII Premios do Deporte Feminino Galego

O Auditorio de Vilagarcía vestirase de gala para acoller o acto de entrega dos VII Premios do Deporte Feminino GalegoPreto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito serán galardoadas no evento que organizan e impulsan a Deputación de Pontevedra e Mudegá

 O Auditorio Municipal de Vilagarcía vestirase de gala este venres para acoller o acto de entrega dos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018, no que preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito serán galardoadas. A gala, que comezará ás 20:00 horas e a que asistirá a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, está organizada pola institución provincial e impulsada pola asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) co obxectivo dedarlle máis visibilidade aos éxitos que colleita o deporte feminino para que sexan recoñecidos pola sociedade.

Ata quince categorías premiarán distintos aspectos deportivos. O primeiro recoñece a Ana Peleteiro como “Mellor deportista feminina”. A atleta ribeirense deu o salto a nivel internacional no 2018 logrando a medalla de bronce no Mundial de Pista Cuberta de Birmingham e o bronce no Europeo ao aire libre de Berlín. O premio a “Mellor deportista feminina promesa” entregarase  ás xogadoras de fútbol Tere Abilleira e Malena Mieres que foron campioas de Europa sub 19. O “Premio á traxectoria” irá para Nieves Gamallo, todo un referente do balonmán feminino galego, no que foi xogadora, adestradora, delegada e fundadora dun club. Na categoría de “Mellor deportista feminina con diversidade funcional” a galardoada é Susana Rodíguez Gacio tras coroarse como campioa do Mundo de paratríatlon en Gold Coast e subcampioa de Europa.

O premiado como “Mellor equipo feminino” é o Atlético Guardés despois de que acadasen o título da Liga na máxima categoría do balonmán feminino español en 2017 e, ao ano seguinte, quedou como segundo clasificado. Mentres, o galardón a “Mellor club” recollerao o Cidade de Lugo Fluvial polos seus éxitos acadados no 2018: Campioas da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, campioas de España de Dúatlon por clubs, campioas da Copa do Rei de tríatlon e sextas no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs.

A galardoada como “Mellor adestradora do deporte feminino” é Carla Abad, técnica de Balonmán Cañiza e seleccionadora galega infantil feminina, coa que acadou a medalla de bronce no campionato de España 2018. Zulema González, galega de Terceira División e árbitra da primeira categoría de fútbol feminino, convértese na “Mellor árbitra”. Tamén a directiva do Burela F.D. terá o recoñecemento de “Mellor directiva” por facer historia ao asinar o primeiro convenio colectivo de fútbol sala feminino. Ademais, o premio a “Medio de comunicación amigo do deporte feminino” é dobre, ao concederse ao Faro de Vigo e ao Diario de Pontevedra.

O premio para a “Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino” é para Rodosa, unha empresa que patrocina tanto  a deportistas como a clubs femininos e eventos deportivos. O de “Institución pública amiga do deporte feminino” foi para a Deputación de Pontevedra, pola promoción do igualdade no deporte. En “Mellor iniciativa a prol do deporte feminino” o premio recaeu na Escola de Fútbol Feminino Rosalía (Ourense), fundada en 2018 para dar saída a todas esas nenas que queren xogar ao fútbol e non atopaban acomodo noutros clubs.

No transcurso da gala, tamén se entregará unha mención especial á esgrimista Judith Rodríguez, que o pasado ano, volvendo da disputa dun campionato, sufriu un grave accidente de tráfico, do que se está a recuperar. Ademais, a título póstumo, o deporte feminino galego homenaxeará a Manuel González Soto, ex presidente do Chapela de balonmán, pola súa aposta polo balonmán feminino, e a Micalea Sinde, que levou a bandeira galega ata o Polo Norte e apostou polo deporte na loita contra a enfermidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies