Inicio Pontevedra O Morrazo Os centros educativos teñen ata o 31 de maio para presentar curtametraxes...

Os centros educativos teñen ata o 31 de maio para presentar curtametraxes ao FICBUEU

Os centros educativos teñen ata o 31 de maio para presentar curtametraxes ao FICBUEUOs premios suman 550 euros en material audiovisual que se repartirán entre as tres categorías dos distintos niveis formativos

Ata o 31 de maio permanece aberto o prazo para presentar obras á Sección Escolas Galegas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá entre o 6 e o 14 de setembro. As bases, dispoñibles na web do certame, establecen tres categorías: unha para traballos realizados en centros de formación profesional e facultades, outra para institutos e unha terceira para educación especial, infantil e primaria. A primeira está dotada con 250 euros en material audiovisual, mentres que en cada unha das outras dúas o premio está valorado en 150 euros.

Promover os novos valores do audiovisual galego é o obxectivo deste apartado do FICBUEU. Deste xeito, as obras finalistas proxectaranse na Gala Escolas Galegas, que se celebrará o 14 de setembro dentro da duodécima edición do certame e que incluirá a entrega de premios aos centros educativos. A participación activa do alumnado en todas as fases de creación, o emprego dos distintos elementos da linguaxe audiovisual, as cualidades técnicas da obra acordes á idade do equipo e mais a orixinalidade e a creatividade das propostas presentadas serán as principais cuestións a ter en conta polo xurado, integrado por tres profesionais do eido cinematográfico e do ensino.

A temática das obras é libre e a duración máxima está fixada en dez minutos para as categorías de educación infantil, especial, primaria e secundaria, mentres que será de quince minutos para as da universidade e escolas de audiovisual. Os traballos deberán estar realizados nos cursos 2017/2018 ou 2018/2019 e poderanse inscribir desde o mércores 1 de maio ata as 14 horas do venres día 31 no formulario pendurado na web do FICBUEU. Toda a actualidade do festival pódese seguir na páxina www.ficbueu.com e nas redes sociais.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
306SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies