Inicio Val Miñor Baiona A baía de Baiona será escenario un ano máis da regata de...

A baía de Baiona será escenario un ano máis da regata de primavera Trofeo Repsol

El Maui Jim Sunglasses - Campeón de España J80 - 2018
Alejandro retolaza, Inés González, José Luis Álvarez, Ángel Rodal e Daniel Benavides

A ría de Vigo albergará a competición os días 1, 4 e 5 de maio con diferentes regatas na baía de Baiona e proximidades das Illas Cíes. A tradicional regata do Monte Real Club de Yates cumpre neste 2019 o seu cuadraxésimo segunda edición, sendo patrocinada un ano máis por Repsol.

O Monte Real Club de Yates de Baiona pon en liza a partir de mañá unha nova edición do Trofeo Repsol, que este ano será tamén Copa Luso Galaica de J80 e celebrarase durante tres xornadas na ría de Vigo, con varias regatas no interior da baía de Baiona e o fondeadero das Illas Cíes.

A competición presentouse oficialmente esta mañá na sede do Club. O acto contou coa presenza do presidente do Monte Real, José Luis Álvarez; do alcalde de Baiona, Ángel Rodal; da responsable de Marina e Pesca de Repsol, Inés González, do xefe do servizo de deportes da provincia de Pontevedra, Daniel Benavides, e o vicepresidente do Monte Real, Alejandro Retolaza, que ofreceu todos os detalles do trofeo.

Fronte á liña de saída situaranse barcos como o Grupo Santorum & Martinez do Club Náutico Deportivo de Riveira, con Javier Durán á roda; o Fend a Bise de Jean Claude Sarrade, que volverá correr unha vez máis polo Monte Real Club de Yates; o Nahela do Club Deportivo Alagua da Guarda, recente gañador do Trofeo Comunica; ou o Starfighter de Julio Rodríguez, do Real Club Náutico de Vigo.

A baía de Baiona será escenario un ano máis da regata de primavera Trofeo Repsol
El Maui Jim Sunglasses – Campeón de España J80 – 2018

Repetirán ademais neste 2019 os gañadores da anterior edición, que foron o Bosch Service Solutions de Ramón Ojea, vencedor na clase cruceiro-regata e na clasificación xeral; e o Balea Dous de Rodeira, con Luís Pérez aos mandos, gañador da clase cruceiro. Volverá tamén a Baiona a madrileña Elena Raga, que en 2018 fíxose coa vitoria da clase Fígaro. Na clase J80, a frota de barcos do Monte Real Club de Yates será, unha vez máis, a máis destacada, con presenza entre outros dos dous monotipos que se asinaron os triunfoso das últimas competicións celebradas en Galicia: o Okofen de Javier de la Gándara e o Cansino de Fernando Yáñez.
Cinco probas en tres días de regatas
O Trofeo Repsol deste 2019 inclúe no seu programa cinco probas divididas nos tres días que se prolongará a competición. A primeira xornada, mañá mércores, festivo do primeiro de maio, incluirá un percorrido costeiro con saída no interior da baía de Baiona e paso fronte a diferentes areais ata o Faro de Tofiño, nas proximidades do Museo do Mar de Galicia, virando na zona para regresar de novo ao interior da baía, onde se colocará a liña de chegada.
A competición continuará a fin de semana do sábado 4 e domingo 5 de maio, con dúas etapas que, aínda que se definirán por completo en base ás previsións meteorolóxicas da xornada, prevese que sexan un barlovento/sotavento e un percorrido costeiro o sábado, e dous percorridos barlovento/sotavento o domingo. Serán as probas definitivas nas que se definirán os podios de gañadores e disputaranse nas proximidades das Illas Cíes.
En disputa a Copa Luso Galaica de J80
Tras ser Campionato de España de J80 en 2018, o Trofeo Repsol deste 2019 albergará a disputa da Copa Luso Galaica de J80, na que medirán as súas forzas os diferentes J80 participantes. A copa terá como programa as mesmas probas previstas para o resto da frota, incluíndo dous percorridos costeiro pola ría de Vigo e varios bastóns no fondeadero de Cíes. A diferenza cos cruceiros será que, como vén sendo habitual, os J80, idénticos entre si, competirán en tempo real.
Os 42 anos dunha proba única en Galicia
No turno de intervencións, José Luis Álvarez, presidente do club, destacou que “Poucas probas hai máis lonxevas en Galicia que a Regata de Primavera do Monte Real Club de Yates, que se celebra con gran éxito desde hai máis de 40 anos” e agradeceu a Repsol o apoio prestado ao club durante todos estes anos.
En representación da compañía enerxética, patrocinadora do evento, Inés González, augurou un gran éxito á competición e animou a todos os regatistas a participar no trofeo. González, tamén anticipou que “este ano achegaremos un revulsivo, cun bonito premio”.
Pola sús banda o xefe do servizo de deportes da provincia de Pontevedra, Daniel Benavides, valorou o traballo que se está a facer no terreno da inclusivo e doutra banda o impulso que supón para Galicia o contar con estas competicións de alto nivel.
Os detalles do trofeo, os ofreceu o vicepresidente do Monte Real. Para Retolaza esta proba, “na que contaremos con 30 barcos na auga, abre o abanico das regatas de vela pesada”. “Será un adestramento para preparar o mundial de xuño, que se celebrará en Bilbao”. En canto á posibilidade de incluír na regata algún dos participantes nos cursos de Vela Adaptada, o vicepresidente explicou que “non foi posible por motivos técnicos”, pero confirmou que “de aquí a  final de ano e da man de Repsol, vai programar unha regata de carácter inclusivo”.
O acto pechouno o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que incidiu na estreita relación que Baiona sempre ten co mar e valorou a labor do Monte real como un referente, tanto pola súa historia de competicións, como por “ser un dos portos que posue a Q de calidade”.
Ceas, concertos e degustacións completarán o programa deportivo
Ademais do programa deportivo de auga, o Trofeo Repsol deste 2019 inclúe varias actividades de lecer para os participantes, das que poderán gozar no Monte Real unha vez finalicen as probas. O club preparou para eles varias ceas mariñeiras, música en directo e degustacións de Martin Miller Gin e Royal Bliss.
TROFEO REPSOL • 42º REGATA DE PRIMAVERA MRCYB
Martes, 30 de abril
12:00 a 19:00 horas
Confirmación de inscripcións e rexistro de participantes

10:00 a 11:00 horas Presentación de documentación e entrega de Instruccións de Regata
Mércores, 1 de maio 13:00 horas

19:30 horas Percorrido costeiro para todas as clases (saída en Baiona)
Cena Mariñeira e degustacións

Sábado, 4 de maio 12:30 horas

19:30 horas Barlovento/Sotavento en campo de Illas Cíes o percorrido costeiro con final na ensenada de Baiona
Cena Marinera e degustacións

Domingo, 5 de maio 12:00 horas

16:30 horas Barloventos/Sotaventos en Campo de regatas preto de Illas Cíes
Entrega de premios e petisco posterior

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies