Inicio Galicia Galicia contará cunha Lei de Pesca Continental que apostará pola remuda xeneracional,...

Galicia contará cunha Lei de Pesca Continental que apostará pola remuda xeneracional, a sensabilización e o respecto á conservación dos ríos

Galicia contará cunha Lei de Pesca Continental que apostará pola remuda xeneracional, a sensabilización e o respecto á conservación dos ríosA Comunidade Galega contará cunha Lei de Pesca Continental que apostará pola remuda xeracional, a sensabilización e o respecto á conservación dos ríos, o fomento da pesca sen morte e a dinamización do rural

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello que Galicia contará cunha nova Lei de Pesca Continental que apostará pola remuda xeracional; a educación, a sensibilización e o respecto da conservación dos ríos; o fomento da pesca sen morte e o desenvolvemento do rural tanto no eido económico como turístico.

“Estamos a falar dunha lei que permitirá converter aos rapaces e ás rapazas, a futura poboación adulta, nos primeiros defensores do ámbito fluvial; impulsar a pesca sen morte pouco a pouco, pero de forma determinante, como un modelo sustentable; empregar a pesca como ferramenta de desenvolvemento turístico, económico e social do medio rural; e dotarnos dunha boa planificación estratéxica de xestión da pesca para optimizar a xestión dos recursos”, insistiu.

Subliñou que “un dos obxectivos é que aumente progresivamente a implantación da pesca sen morte e que se acade un equilibrio entre esta modalidade e a tradicional”

En relación á remuda xeracional, Feijóo destacou que o texto impulsará a posta en marcha das escolas de río, co fin de implicar e educar aos máis pequenos na conservación dos ecosistemas acuáticos continentais. Engadiu, como novidade, que as persoas de idade igual ou inferior a 14 anos poderán practicar pesca deportiva e recreativa sen necesidade de licencia, sempre acompañados dun adulto; e a gratuidade de taxas “estenderase tanto aos menores de idade como aos maiores de 65 anos”, precisou.

O novo documento fomentará tamén a pesca sen morte, que vai gañando adeptos en España e constitúe a regra común na maioría dos países con tradición no ámbito da pesca. “O obxectivo é que aumente progresivamente a súa implantación e que se acade un equilibrio entre esta modalidade e a tradicional”, dixo, e especificou que para logralo o anteproxecto recolle medidas como actividades de promoción e divulgación; programas de formación específica dentro da Estratexia galega de educación ambiental; a gratuidade dos permisos de pesca sen morte para os menores de idade; e a limitación desta modalidade como a única permitida no caso dos escenarios deportivos, sociais e de formación.

Sobre este punto, Feijóo precisou que se incluirá unha nova clasificación para os máis de 14.000 km de ríos de certa entidade, con dúas novas categorías. “Manterase a categoría de masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola. E, engadiranse as categorías de: escenarios deportivos, sociais e de formación, e de augas de aproveitamento privado”, afirmou.

No tocante ao fomento da pesca como instrumento de desenvolvemento turístico do medio rural, Feijóo subliñou que se prevé a concesión de aproveitamentos piscícolas en tramos de ríos, encoros e lagoas, a empresas turísticas, prioritariamente asociacións. E, incluirase a especial protección e regulación para determinadas actividades tradicionais de pesca continental, como as pesqueiras do río Ulla e as estacadas do Tea.

Así mesmo, con respecto aos principios básicos desta lei, redactarase un Plan galego de ordenación da pesca continental. E cómpre salientar tamén que o plan recollerá que as repoboacións e soltas serán realizadas unicamente con especies autóctonas e poñerá límites ás especies exóticas invasoras.

Precisou que se introducirá un sistema de autoguiado para a captura dos reos, no que o propio pescador será o que comunique á administración os datos dos exemplares capturados a través dunha aplicación informática

Outra das novidades é a prohibición do emprego de substancias ou aparellos paralizantes, tranquilizantes, atraentes ou repelentes de peixes, así como pesos que conteñan chumbo e a pesca con peixes vivos. “Ademais, introducirase un sistema de autoguiado para o caso dos reos, no que o propio pescador será o que comunique á administración os datos dos reos capturados a través dunha aplicación informática”, precisou.

Reducirase un 20% o importe da sanción proposta cando o pescador recoñeza a súa responsabilidade; e, outro 20% cando efectúe o pagamento en período voluntario dentro do prazo para presentar alegacións.

“En Galicia hai aproximadamente uns 55.000 pescadores de pesca continental e 14.000 quilómetros –dos 30.000 km de ríos- susceptibles de pesca. Incorporamos á lei medidas co fin de poñer a funcionar este activo da mesma forma que noutros países”, concluíu.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies