Inicio Val Miñor Gondomar Campaña de compostaxe en Gondomar

Campaña de compostaxe en Gondomar

Campaña de compostaxe en GondomarEsta campaña a prol da compostaxe é o produto final dun proxecto educativo dos alumnos de 4º da ESO na materia de Ciencias aplicadas á actividade profesional, na que traballan todos os aspectos relacionados coa compostaxe, sempre coa idea de facer unha campaña na Vila de Gondomar para activar o uso das dúas composteiras comunitarias existentes no seu centro urbano.

Deseñouse un logo do que se fixo un imán, fixeron un tríptico explicando distintos aspectos da compostaxe, e distintos carteis e panfletos para repartir e pegar nos distintos locais de Gondomar. Toda esta información será exposta no congreso de compostaxe do Proxecto #Revitalízate da Deputación de Pontevedra que terá lugar na última semana de Maio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies