Inicio Pontevedra Baixo Miño O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir...

O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir o municipio tudense

O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir o municipio tudenseAs propostas divídense en catro zonas: Centro Urbano, A Macoca, a Casa Forestal e o Alto de San Xiao e propoñen plans de sendeirismo, running, ciclismo e piragüismo para coñecer Tui.

Esta mañá presentouse na casa do concello de Tui o novo folleto turístico Tui Explora elaborado pola empresa Sherpa Project. Propón 31 plans para percorrer e coñecer 320 qms de Tui.  A presentación correu a cargo do alcalde de Tui e concelleiro de Turismo, Carlos Vázquez Padín, e o encargado do proxecto e responsable de Sherpa Project, Guti Martín Hermida.

Tui Explora percorre toda a cidade a través dun mapa vertical que vai dende o Monte Aloia até a beira do río Miño. Divide as propostas en catro zonas: Centro Urbano, A Macoca, a Casa Forestal e o Alto de San Xiao. E a súa vez en cada unha delas recolle rutas para realizar en familia, facendo sendeirismo, ciclismo, running/trail, paseos urbanos ou ruta náutica coma un paseo en piragua entre ribeiras do río. No folleto plásmase o nome, duración, distancia, e dificultade de cada ruta, que se complementa cun acceso con código QR á plataforma Wikiloc, no perfil Tui Explora onde se poden descargar todos os plans activos.O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir o municipio tudense

O folleto, en formato trilingüe e do que se editaron 15 mil exemplares, inclúe outras suxestións de eventos e lugares de interese para os visitantes como o mercado semanal ou a visita o Convento das Clarisas. Tamén recolle indicacións para organizar a viaxe en Tui no referente a transporte, aloxamento ou propostas gastronómicas cos respectivos códigos QR que enlazan ao apartado de turismo da web municipal tui.gal.O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir o municipio tudense

Co hastag #TuiExplora búscase a interacción dos usuarios en redes sociales, e a implicación do comercio coa colacación do autocolante deseñado para a ocasión coa imaxe dunha libélula, o hastag #TuiExplora e o código QR que da acceso ao perfil de Tui na plataforma Wikiloc.

Na presentación desta mañá o alcalde de Tui e concelleiro de turismo, Carlos Vázquez Padín destacou que “este folleto propón rutas para que os visitantes teñen unha ampla oferta que prolongue a súa estadía en Tui e tamén para que os tudenses coñecen mellor a cidade.”O novo folleto turístico “Explora Tui” propón 31 plans activos para descubrir o municipio tudense

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies