Inicio Pontevedra Baixo Miño David Leirós, alumno do CEIP de Goián, gana o concurso de debuxos...

David Leirós, alumno do CEIP de Goián, gana o concurso de debuxos para o cartaz da Festa das Trincadeiras 2019

David Leirós, alumno do CEIP de Goián, gana o concurso de debuxos para o cartaz da Festa das Trincadeiras 2019O fallo do xurado, formado por varios artistas e persoas relacionadas ca arte, produciuse o venres pasado

David Leirós Fernández, de 5º de Primaria do CEIP de Goián (Tomiño) foi o gañador do concurso de debuxos para a creación do cartaz anunciador da décima edición da Festa das Trincadeiras, que se celebrará o 15 de xuño próximo.

O  debuxo de David Leirós foi elixido entre medio centenar de obras realizadas polo alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Pintor Antonio Fernández. O xurado estivo formado por escultores, pintores e persoas relacionadas ca arte, coma Magín Picallo, Cuqui Piñeiro, Carlos Fernández, Eulalia Jackson e Zara Pousa.

O pasado 26 de abril presentouse no Centro Goianés o programa da X Festa das Trincadeiras na que haberá actuacións, xogos, exposicións de fotografías, concursos de arroces, sobremesas  e cilantro, etc.David Leirós, alumno do CEIP de Goián, gana o concurso de debuxos para o cartaz da Festa das Trincadeiras 2019

Os debuxos estiveron expostos dende ese día ata o venres 3 de maio pasado, en que se seleccionou o gañador, que foi obsequiado cun lote de libros doados por Edicións Xerais.

Como punto final daquela presentación, as persoas asistentes puideron  visionar o vídeo “O espírito das Trincadeiras”, dirixido por  Senén Outeiro.

Toda a información sobre a historia desta festa e as actividades que se van realizar, pódense consultar na páxina de Facebook “Festa das Trincadeiras”.

A Romería das Trincadeiras, é unha festa enxebre onde os veciños e veciñas de Goián celebran dende o ano 1990, a defensa do monte comunal das Trincadeiras, que se pretendía expropiar e utilizar para a construción da autopista Vigo-Porriño. Goián opúxose a esta expropiación e, tras acadar o seu propósito, celebra cada ano o espírito das Trincadeiras. Os veciños acuden a esta romaría lembrando aquel movemento que

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies