
O concello de Baiona, a través dunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas creará unha área de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ( PMR) nunha das praias do municipio, concretamente na praia Ladeira
Desta forma promóvese un turismo accesible e permite ás persoas con mobilidade reducida a gozar do sol e do mar en igualdade de condicións, seguindo os parámetros da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade do 13 de decembro de 2006, que establece o compromiso de promover, protexer e asegurar o pleno goce dos dereitos humanos e liberdades fundamentais en condicións de igualdade por parte das persoas con discapacidade e de promover o respecto á súa dignidade inherente.
Á instalación accederase por unha pasarela e contará cun armazón de madeira duns 80 metros cadrados, unha zona de sombra dotada dunha pérgola e antucas, así como varias tumbonas accesibles para os usuarios e asentos para os seus acompañantes.
O importe total da actuación será de 46.500 €, dos cales 30.000€ serán financiados coa subvención da Xunta de Galicia.
Os elementos da instalación estarán dirixidos a obter varios obxectivos como son a accesibilidade, o confort, e a comunicación na contorna. É importante que o trato a estas persoas estea sempre en igualdade de condicións e por iso cremos que é imprescindible que este tipo de actuacións leven a cabo.



