spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de...

O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e a Guarda’

O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e a Guarda’A mostra, que poderá visitarse ata o 15 de setembro, dá a coñecer o código de identificación ancestral que empregaban os mariños destas dúas localidades

O Museo do Mar de Galicia, ubicado preto da praia de Samil en Vigo, acolleu onte a inauguración da exposición “As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e A Guarda”, que poderá ser visitada no espazo destinado a mostras temporais ata o 15 de setembro.

Ambas localidades conxugan un substrato cultural e socioeconómico similar ás beiras do océano Atlántico, por iso os pescadores e mariños compartían un código de identificación propio e ancestral co que marcaban os seus aparellos de traballo. Agora, a asociación de embarcacións tradicionais O Piueiro organiza esta mostra sobre estes códigos, dos que a súa orixe se remonta ao século XVIII.

O Museo do Mar de Galicia acolle a exposición ‘As marcas de pescadores. Póvoa de Vazim e a Guarda’

A EXPOSICIÓN

Nesta exposición froito da colaboración cos nosos veciños portugueses de Póvoa de Varzim poderán ver a estreita relación entre dous pobos mariñeiros de diferentes países pero con moitas similitudes entre si, pois non só comparten a mesma tipoloxía de artes de pesca senón moitas cousas máis, entre elas o funcionamento do sistema de marcas de pescadores, todo un verdadeiro sistema que merece a pena descubrir e que se poderá coñecer nesta exposición temporal.
 
A mostra poderá visitarse no espazo adicado ás exposicións temporais do 2º edificio do noso Museo, permanecerá aberta ao público do 27 de xullo ao 15 de setembro no horario de apertura habitual do museo

O CÓDIGO SECRETO DOS PESCADORES GUARDESES E POVEIROS

A mostra, inaugurada en xullo do ano pasado no Museo de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, pasou dous meses despois A Guarda.

♦♦A exposición sobre as Marcas dos Pescadores na Guarda

 

- Publicidade -spot_img