Despois do seu paso por Póvoa de Varzím, onde foi inaugurada a principios do pasado mes de xullo, a Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa e da Guarda inaugúrase este sábado día 22 de setembro ás 19:00h na Casa dos Alonsos da Guarda,
A exposición recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores.
Despois dunha breve explicación sobre os diferentes contidos desta exposición, realizarase unha tertulia, dirixida por Agustín Ferreira Lourenzo, na que participaran pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda, onde se intercambiaran experiencias, anécdotas, memorias e sobre todo, afondar a forte vinculación existente entre estes dous municipios.
As fronteiras non separan as augas do mar e aos seus pescadores, nos tempos de barcos a remos e velas os povoeiros tiñan moita vinculacións con Galicia e coa Guarda, onde atopaban abrigo ante os temporais do mar e onde tamén visitaban a ermida de Santa Trega, as súas marcas foron sempre un punto en común entre eles, unha maneira de identificarse entre si, nun tempo no que non existían outras formas de comunicacións ou de distinción, compartindo as marcas coma un nexo histórico-cultural común.
A Exposición Marcas dos Mariñeiros visita A Guarda dende este venres 21 de setembro e ata o 6 de outubro, enmarcada nos actos previos á celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo de 2019.
[…] ♦♦A exposición sobre as Marcas dos Pescadores inaugúrase este sábado na Guarda […]
Citar Comentario
Citar Comentario