spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle a partires de outubro un curso sobre turismo sustentable...

A Guarda acolle a partires de outubro un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turístico

A Guarda acolle a partires de outubro un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turísticoA Guarda acolle a partires de outubro un curso sobre turismo sustentable adicado aos profesionais do sector turístico, con formación mixta, a distancia e presencial. O prazo de inscricións aínda aberto e quedan prazas libres para novas inscricións.

Información e inscricións no 886 210 725 ou protura@depo.gal

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, achegando estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.

Resumo do proxecto

O proxecto está destinado a aquelas empresarias e empresarios turísticos do contorno da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e en acceder a este interesante nicho de mercado. Resultará de utilidade para o persoal que oriente o seu traballo cara a este segmento da industria turística.

O proxecto pretende informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.

Impartiranse 8 tipos de accións, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:

Turismo rural sustentable

Capacitar as empresarias e empresarios e o persoal do sector turístico en relación ás técnicas de xestión nas que se basean os principios do turismo sustentable. Das 6 accións formativas recollidas neste punto, 2 correspóndense coa modalidade a distancia a través dunha plataforma de teleformación e as 4 restantes con formación mixta, combinando a teleformación coa modalidade presencial.

Temática:

  • Concepto de sustentabilidade
  • Impactos do turismo. Turismo e medio ambiente
  • A sustentabilidade no sector turístico
  • A xestión de empresas turísticas. Claves e características do turismo sustentable
  • Axudas e subvencións. Acreditacións. Aspectos legais
  • Características socioeconómicas das zonas obxectivo (formación a distancia)
  • Potencial endóxeno dos recursos das zonas obxectivo e identificación dos produtos máis relevantes desas zonas (formación a distancia)
  • Exemplos de boas prácticas de sustentabilidade

Asesorías de turismo sustentable

Son accións específicas de apoio ao persoal encamiñadas a mellorar a súa situación no mercado de traballo en temas ambientais. Os asesoramentos compóñense de 2 tipos de accións e lévanse a cabo de forma individual e personalizada, cunha parte presencial e outra a distancia (xa sexa vía telefónica ou vía correo-e), nas que a cada persoa asesorada se lle abre un expediente onde figuran os seus datos persoais, o problema ou cuestión exposta e un plan de actuación que recolle a solución achegada.

Contido das asesorías:

  • Características socioeconómicas da zona
  • Valorización do potencial endóxeno dos recursos da zona
  • Identificación dos produtos máis relevantes da zona
  • Lexislación actual vixente, axudas e subvencións dispoñibles
  • Xestión das empresas turísticas

Máis información: https://www.depo.gal/protura

 

- Publicidade -spot_img