spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello De Nigrán​ iluminarase de violeta para conmemorar o Día Mundial...

O Concello De Nigrán​ iluminarase de violeta para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer

O Concello De Nigrán​ iluminarase de violeta para conmemorar o Día Mundial do #AlzheimerO Concello de Nigrán iluminarase esta noite de violeta para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer, cor que representa a doenza neste día 21 de setembro establecido pola Organización Mundial da Saúde.

O Concello de Nigrán declarouse no 2015 “Localidade Solidaria co Alzheimer” e conta dende 2016 cun centro en Panxón xestionado por Afaga que desenvolve obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.

A pesar de que en Galicia existe unha prevalencia estimada de 104.000 casos e que co aumento da esperanza de vida a cifra se duplicará nos próximos vinte anos, na comunidade non existe unha estratexia integral de abordaxe das demencias como esta. Así, o custo que supón, de máis de 30.000 euros, recae principalmente nas familias pese a que os seus recursos socio-sanitarios sexan escasos. Por todo elo, o Concello de Nigrán considera que é un problema de primeira magnitude do que se debe concienciar, contribuindo a súa normalización e explicando a toda a poboación a súa realidade e alcance.

- Publicidade -spot_img