spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta...

O MARCO inaugura a exposición ‘Xosé Luis Otero. Atlas de soidade’, cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLEO Museo de Arte Contemporáneo de Vigo acolleu hoxe a presentación da exposición ‘XOSÉ LUÍS OTERO. Atlas de soidade, cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE.

Acompañando ao artista estiveron presentes, Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO, Rubén Martínez Alonso, comisario do ciclo Metrópole e Miguel Fernández-Cid, director do MARCO

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

Coa mostra de Xosé Luís Otero, a serie de exposicións METRÓPOLE chega á súa cuarta etapa. Este ciclo naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe coma en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar. A correspondente ao pasado está representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco.

XOSÉ LUÍS OTERO. Atlas de soidade

A proposta de Xosé Luís Otero para a cuarta achega do ciclo METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega participa das dúas disciplinas clave na formación e posterior traxectoria do artista: a pictórica e a escultórica. Así, nas súas instalacións, a paisaxe, o xénero tradicional do que bota man na pintura protoabstracta dos seus comezos, vai cobrar unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo con dous polos: rural e urbano.

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

Cumprindo unha vez máis cos propósitos do ciclo METRÓPOLE, a exposición de Xosé Luís Otero inclúe unha selección de obras de nova produción baixo o título Atlas de soidade, pezas todas elas realizadas nos últimos meses especificamente para esta mostra e para este lugar, procurando así unha contextualización do conxunto en función das salas, dimensións, iluminación e posibilidades de deambulación no espazo, ao tempo que o material audiovisual achega ao público o proceso creativo.

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

A partir da seriación —método de traballo que a Otero lle permite explorar todas as posibilidades dunha mesma idea, sublimar esa proposta que contribúa a enriquecer, que engrandeza unha obra entendida como escolmado conxunto— o artista logra confeccionar o paisaxístico pano de fondo da súa propia traxectoria vital.

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

Sobre o artista

Xosé Luís Otero (Nocelo da Pena, Ourense, 1966) desenvolve a súa actividade artística dende principios dos anos noventa, expoñendo en numerosas mostras individuais e colectivas, ao tempo que participa tamén en importantes feiras de arte nacionais e internacionais. Un desenvolvemento creativo o seu, dentro do ámbito da pintura contemporánea, que é o resultado dun proceso de investigación no que experimenta con novos materiais e texturas, arredor sempre dun concepto ou idea principal, fonte de inspiración e motora. A súa obra foi seleccionada en destacados certames e bienais, recibindo bolsas e premios, ademais de figurar entre os fondos de relevantes coleccións públicas e privadas.

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

INFORMACIÓN E VISITAS GUIADAS

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904

Datas: 14 xuño 2019 – 15 setembro 2019
Lugar: Salas de exposición do primeiro andar
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
- Publicidade -spot_img