spot_img
InicioVal MiñorBaiona200 atletas poderán participar gratis no Vertiatlón Solidario de Baiona

200 atletas poderán participar gratis no Vertiatlón Solidario de Baiona

200 atletas poderán participar gratis no Vertiatlón Solidario de BaionaEste é o quinto ano que o Monte Real Club de Yates organiza co apoio de Verti un evento que ten como principal obxectivo recadar fondos para que persoas con diversidade funcional poidan navegar en igualdade de condicións

200 atletas poderán participar gratis na quinta edición do Vertiatlón Solidario que se celebrará o vindeiro sábado 14 de setembro en Baiona baixo a organización do Monte Real Club de Yates e co patrocinio de Verti Seguros.

A empresa de papel de alta calidade para uso doméstico Foxy apoiará o evento pagando as inscricións dos atletas que queiran participar na proba coa que se recadarán fondos para que persoas con diversidade funcional poidan navegar en igualdade de condicións.

O único que terán que facer os deportistas que queiran participar será inscribirse antes de que se peche a cota de 200 participantes, un límite establecido dadas as características da proba, que volverá ser sprint, con 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira.

A Federación Galega de Tríatlon, que se encarga da loxística do evento, acaba de abrir o prazo de inscrición a través da plataforma Rock the sport.

Inscricións: https://www.rockthesport.com/es/evento/vvertiatlonsolidariodebaiona

 

- Publicidade -spot_img