Inicio Pontevedra Baixo Miño Nova oportunidade para descubrir as “historias non escritas" de Oia, desta vez...

Nova oportunidade para descubrir as “historias non escritas” de Oia, desta vez con visitas guiadas ao Arrabal

Veciñas e veciños de Oia protagonizan unha visita dramatizada ao ArrabalNova oportunidade para descubrir as “historias non escritas de Oia”. Tras o éxito da visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro veciñal de teatro, e dentro da iniciativa “6×6 Punto de Encontro O Arrabal: historias non escritas”, o Concello de Oia desenvolve unha programación de visitas guiadas gratuítas polo barrio histórico nas fins de semana.

As visitas polo Arrabal desenvolverase todos os sábados e domingos entre o 15 de xuño e o 14 de xullo co obxectivo de revalorizar o patrimonio do municipio. Así, ademais de percorrer os principais puntos de interese do barrio nado ao abeiro do Mosteiro cisterciense, durante a visita guiada se explicarán costumes, tradicións e historias que forman parte do patrimonio intanxible e a memoria colectiva local.

As visitas guiadas sairán da Oficina de Turismo de Oia e terán unha duración aproximada de unha hora. Os sábados desenvolveranse en horario de tarde, ás 19.30 horas, mentres que os domingos a cita será pola mañá, ás 12.30 horas.

Éxito da visita dramatizada

O pasado 2 de xuño o barrio histórico da parroquia de Santa María de Oia acolleu unha visita dramatizada desenvolvida polo obradoiro de teatro veciñal. A representación foi o cumio dun proceso que combinou formación en materia de artes escénicas cunha análise e reflexión arredor do patrimonio intanxible de Oia.

Nova oportunidade para descubrir as “historias non escritas" de Oia, desta vez con visitas guiadas ao Arrabal

Os contidos patrimoniais traballados no obradoiro serviron para elaborar a diferentes pezas dramáticas que se representaron en rúas e prazas do Arrabal, pero tamén para confeccionar a programación de visitas guiadas que se desenvolverá ao longo das próximas semanas.

A visita dramatizada tivo unha boa acollida por parte do público, pois foi un número importante de veciños e visitantes os que se achegaron ata o Arrabal, converténdose esta zona en todo un “punto de encontro” ao longo da xornada. Polo tanto, o Concello considera que a iniciativa foi un éxito, tanto polo seu poder de convocatoria como pola calidade artística demostrada pola veciñanza e artistas participantes.

Ademais desta actividade, ao longo da xornada do 2 de xuño o público tamén puido gozar dunha programación cultural complementaria: unha exposición de obxectos antigos, un espectáculo de animación infantil, postos de artesanía local e cantos de taberna.

Todas estas actividades de “6×6 Punto de Encontro O Arrabal: historias non escritas” están organizadas polo Concello de Oia e contan co financiamento da Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, dentro do programa do Xacobeo 2021

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies