Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán emprende a primeira campaña de concienciación medioambiental de cara a festa...

Nigrán emprende a primeira campaña de concienciación medioambiental de cara a festa de San Xoan

Nigrán emprende a primeira campaña de concienciación medioambiental de cara a festa de San XoanBaixo o hashtag #SanXoanSenLixo o Concello invita á cidadanía a participar nun reto viral en redes sociais que contribúa a difundir a campaña. Os deportistas Kevin Vázquez, Santi Comesaña, Gustavo López, Goni Zubizarreta e Desiré Vila xa se sumaron xunto á artista Lula Goce

 O Concello de Nigrán presentou esta mañá en Panxón a primeira campaña de concienciación medioambiental dirixida ex-profeso á noite de San Xoan e co obxectivo de que non quede lixo na praia nin chegue ao mar. Ao acto acudíu o alcalde en funcións xunto ao seu equipo, representantes das concesionarias Aqualia e Cespa, e o xogador do R.C.Celta nigranés Kevin Vázquez, entre outros particulares.

Illas de reciclaxe a pé de praia

O Concello de Nigrán, consciente da enorme cantidade de desperdicios que se xeneran esa noite, especialmente vidro e plástico, fai un chamamento á responsabilidade de cada un para que non se contamine a area nin o mar. “Os servizos de limpeza do Concello van deixar a praia completamente limpa ao día seguinte, pero do que se trata é de que os participantes tomen conciencia e asuman o seu papel, non debemos esperar a que ninguén recolla o lixo por nos”, explica o alcalde, Juan González. Con  este obxectivo, por vez primeira, o Concello instalará illas de reciclaxe a pé de praia e creará unha brigada medioambiental formada por voluntarios que creen conciencia durante a noite (en quendas de dúas horas) invitando e colaborando cos asistentes para facer a recollida selectiva in situ dende a 1:30 da madrugada e en quendas de dúas horas. Os primeiros 40 voluntarios que se apunten recibirán unha entrada gratis para o festival ‘Vive Nigrán’, que se celebra o 19 e 20 de xullo en Praia América. Os interesados, que deben ser maiores de 16 anos, teñen ata o 20 de xuño para anotarse a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán, 986365000 ou atencioncidada@nigran.org. “Trátase dunha iniciativa que funciona con éxito en lugares como a praia As Canteras, en Las Palmas de Gran Canaria, e que desexamos levar adiante en Nigrán a partir de agora”, indica.

Baixo a etiqueta #SanXoanSenLixo o Concello de Nigrán quere viralizar esta campaña de concienciación en redes sociais, conscientes de que é o mellor canal para chegar á mocidade, gran protagonista da festa. Así, futbolistas de primeira división como  Kevin Vázquez, Santi Comesaña, o retirado xa Gustavo López, a atleta Desiré Vila ou o surfista Goni Zubizarreta e a artista de Baiona Lula Goce serán algúns dos ‘padriños’ do reto viral, xa que posarán nas súas redes cun cartel que dí ‘O Mar non é un vertedoiro. Súmate ao reto de Nigrán. #SanXoanSenLixo. Fagamos ben a festa’.

O Concello de Nigrán editou tamén cartelería ao respecto no que inciden en 5 premisas básicas: Non deixes lixo. Recicla. Respecta a protección do sistema dunar. Evita facer buratos, teñen impacto negativo no ecosistema. Recorda que as cabichas contaminan. Súmate a esta campaña medioambiental difundíndoa e concienciando aos teus.

“Confiamos en que a xente está cada vez máis comprotedida co medio ambiente e que este inclúe tamén aos océanos, en Nigrán apelamos a esa conciencia medioambiental para que se reduza a cantidade de basura acumulada nesta noite. A festa non ten que estar reñida con estes principios, Praia América é un dos máximos orgullos de Nigrán e é responsabilidade de todos preservala”, insiste o alcalde.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies