Inicio Alto Minho O AECT Rio Minho colabora co IKFEM 2019 a través da iniciativa...

O AECT Rio Minho colabora co IKFEM 2019 a través da iniciativa ‘concertos no río Miño’

O AECT Rio Minho colabora co IKFEM 2019 a través da iniciativa ‘concertos no río Miño'O festival transfronteirizo ampliará o seu programa con 4 concertos nas eurocidades Tomiño – Cerveira e Tui – Valença

A través da iniciativa do AECT Rio Minho,  ‘Concertos no Río Miño’, a VII edición do IKFEM que se celebra o vindeiro mes de xullo , incluirá catro novos escenarios, dous deles na eurocidade Tomiño- Cerveira e outros dous na eurocidade Tui – Valença, ampliando deste xeito o ámbito territorial e o número de días do destacado festival transfronteirizo dedicado aos instrumentos de teclado.

`IKFEM -Concertos no Rio Miño’ será unha extensión do propio evento e celebrarase do 14 ao 16 de xullo nos concellos de Tomiño, Cerveira, Tui e Valença. O público poderá gozar dunha programación variada en estilos musicais, con artistas de altísima calidade de Galiza e Portugal, e con propostas dirixidas a todo tipo de públicos. Os espazos dos concertos serán emprazamentos exteriores en torno ao Rio Miño: o pantalán do club de remo de Tui; a fortaleza de Valença con vistas ao Rio Minho; os xardíns do Aquamuseu de Cerveira, e o espazo fortaleza de Tomiño.

A colaboración do AECT Rio Minho co IKFEM para esta actividade ascende a un total de 15.000 €, unha axuda enmarcada dentro da actividade 2 do proxecto de cooperación europea Smart Minho (cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) destinada á dinamización de experiencias culturais conxuntas entre as dúas marxes do río. O pasado mes de maio, o agrupamento xa colaborou co Encontro de Tocadores `Entre Margens’, cunha financiación similar destinada á programación artística. Grazas a esa achega de 15.000 €,  ‘Entre Margens’ viu consolidada a súa oferta musical e incluíu por primeira vez ao concello da Guarda dentro da súa programación.

Xunto co AETC Rio Minho, son socios do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Smart Minho, a a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e a Fundación Centro de Estudios Euro Rexionais Galiza – Norte de Portugal. Smart Minho está está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies