O GD Bolacesto de Vilanova de Gaia desprazouse este fin de semana ata Nigrán cos seus equipos junior e senior femenino xunto a unha representación de familias e directivos para disputar un torneo amistoso coas xogadoras de CB Nigrán no que tamén participou o equipo senior do CB Redondela.
A comitiva portuguesa chegou a Nigrán o sábado pola tarde e unha vez instaladas nun hotel da localidade foron recibidas polo alcalde de Nigrán Juan González a Concelleira de Educación Marina Vidal e a Directora deportiva do CB Nigrán Nuria Gómez Domínguez.
O primeiro partido tivo lugar esa mesma tarde no CPI Arquitecto Palacios de Panxón onde o equipo junior luso se enfrentou ao equipo junior anfitrión.
Xa o domingo , no pavillón Municipal tiveron lugar dous encontros, un que enfrentou ás xogadoras senior portuguesas contra a equipa senior do CB Redondela e a continuación, para pechar o torneo, as junior do CB Nigrán volveron enfrentarse ao junior portugués.
Para rematar esta visita o Clube anfitrión fixo entrega dun agasallo ás dúas equipas visitantes e a continuación desfrutaron dun pequeno xantar xunto á familia do CB Nigrán e ó alcalde Juan Gonzalez que fixo entrega dun agasallo representativo da localidade antes de que a expedicion portuguesa iniciase a viaxe de retorno.