Inicio Pontevedra Baixo Miño O Kayak Tudense - Axuda Paramos terceiro no Nacional de Sprint

O Kayak Tudense – Axuda Paramos terceiro no Nacional de Sprint

O Kayak Tudense - Axuda Paramos terceiro no Nacional de SprintGran actuación dos equipos galegos no LI Campionato España Sprint Senior, Sub-23 e Xuvenís, celebrado durante esta fin de semana no encoro asturiano de Trasona de Avilés.

O Club KaYak Tudense – Axuda Paramos terminou terceiro na xeral de clubs por detrás do Piragüismo Aranxuez e Club Náutico Sevilla. Os de Tui mantéñense un ano máis entre os tres primeiros no campionato estatal. Así mesmo, o E. P. Ciudad e Pontevedra terminou o campionato en quinta posición, mentres que o Piragüismo Rías Baixas ocupou a novena posición.

No gran premio loterías e apostas do estado – III liga olímpica de sprint feminina o KaYak Tundese- Axuda Paramos recolleu o segundo premio, na que o club vencedor foi o Piragüismo Aranxuez e terceiro o Círculo de Labradores.

Ademais o equipo dirixido por Esteban Alonso recibía o trofeo como vencedor da categoría sénior masculina. Polo que respecta ás actuacións individuais, destacan as medallas as medallas de ouro de Roi Rodriguez nas finais de K1 500 e 100 metros, así como as tres vitorias do canoista xuvenil do Náutico O Muiño, Manuel Fontán nas tres finais individuais que disputou.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies