Inicio Alto Minho Valença revive a segunda invasión francesa cunha recreación histórica

Valença revive a segunda invasión francesa cunha recreación histórica

Valença revive a segunda invasión francesa cunha recreación históricaA Câmara Municipal de Valença promove, unha Recreación Histórica Evocativa do papel de Valença do Minho na 2ª Invasión Francesa (1809).
Douscentos dez anos despois a Fortaleza de Valença vai revivir algúns dos momentos históricos das invasións francesas e das loitas entre os portugueses e as tropas napoleónicas.
Para recrear a vida militar da Fortaleza de Valença, na época da 2.ª invasión francesa, o sábado, día 13 de xullo está programada unha recreación de varios momentos como,  parada, acampamento, exercicios, fogo de artillería, a defensa e o ataque á Fortaleza e o baile oitocentista.
 
A historia dos asedios das tropas francesas á Praza-Forte, a partir de Tui foi longa, á que seguiu o cerco a 9 de Abril de 1809, a capitulación da praza a 10 de abril de 1809 e a saída do exercito francés a 17 de abril de 1809.
Na coroada, será montado un acampamento, a partir do cal se desenrolará toda a actividade
 
Con esta iniciativa pódese reviver e entender mellor os principais momentos da invasión; os oito días da ocupación de Valença, a presión militar, a vida da Praza ocupada e a defensa intelixente do governador, Custódio César de Faría.
 
A iniciativa é do Municipio de Valença e do Grupo de Recreación Histórica do Municipio de Almeida e intégrase na candidatura da Fortaleza de Valença a patrimonio mundial da UNESCO. Trátase dun proxecto de animación cultural e histórico-militar, envolvendo cerca de 40 recriadores históricos.
Valença revive a segunda invasión francesa cunha recreación histórica
Programa:11H30 – Içar da Bandeira e Hino Nacional
​            Praça da República
14H/17H – Demonstração de disparos de mosquetes, canhões e peças de artilharia;
Rondas, sentinelas e marchas
Coroada e Praça da República
17H30/18H30 – Baile Oitocentista
Praça da República
19H – Encerramento – Arrear da Bandeira Nacional e Hino
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies