Inicio Pontevedra O Instituto de Estudos Miñoráns programa doce Xeiras para coñecer un poco...

O Instituto de Estudos Miñoráns programa doce Xeiras para coñecer un poco máis o noso patrimonio

O Instituto de Estudos Miñoráns programa doce Xeiras para coñecer un poco máis o noso patrimonioCapitanía Marítima de Baiona acolleu a presentación das Xeiras do IEM 2019, un total de 12 percursos que nos levarán polos concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar e Tomiño.
 
Son doce visitas guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico, que se realizarán nos meses de xullo e agosto. Sete especialistas conducirán as xeiras e conferencias: Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño Troncoso, Xosé Ramón García Martínez, Xilberte Manso de la Torre, Xosé Lois Vilar Pedreira, Carlos Méixome Quinteiro e Eduardo Méndez Quintas.
 
Serán tres xeiras en Gondomar Agua da Laxe: Unha nova lectura (conferencia e xeira), Camiño da Nosa Señora do Norte. De Gondomar a Vilaza e A vila do século XIX.
 
Tres en Nigrán Paseo fluvial e toque de campás en Parada, Retallos de historia, etnografía e arquitectura e unha xeira nocturna polo mar de Panxón.
 
Tres xeiras en Baiona Paisaxes imaxinadas dende o Monte Real de Baiona, Polos cumes da Groba.O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo, unha xeira nocturna Polo mar de Baiona. Toponimia, talasonimia e naufraxios e tres conferencias neste concello Os primeiros tempos da Humanidade, Baiona 1936, Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona.
 
É por último tres xeiras en Tomiño As pegadas na paisaxe. Ouro toponimia, mámoas e garranos, O monte Tetón. Avances na investigación (conferencia e visita) , O Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra.
 
Para as dúas xeiras marítimas será necesaria inscrición previa e pago. Enviarase a información oportuna nos recordatorios de cada unha das xeiras.
 
A duración media das xeiras é de 3:00 a 3:30 horas. Este ano, ao igual que o anterior, incorpóranse ás xeiras dúas persoas intérpretes en lingua de signos, favorecendo así a inclusión social de este colectivo e o seu achegamento ao patrimonio do Val Miñor e Baixo Miño. MÁIS INFORMACIÓN:iem.gal 
O Instituto de Estudos Miñoráns programa doce Xeiras para coñecer un poco máis o noso patrimonioRESERVA DE PRAZAS: Xeira nocturna polo mar de Baiona: Toponimia, talasonimia e naufraxios.   Conferencia e visita.   Mércores 17 de xullo.   
  

Comeza o prazo de apertura para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Baiona: Toponimia, talasonimia e naufraxios” ata o 16 de xullo no teléfono 986 36 05 75 dende as 10:00h ás 13:00h.

Esta xeira terá lugar o mércores 17 de xullo e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.

O punto de encontro será a Capitanía Marítima ás 20:30h; o embarque será ás 21:45h e o regreso ás 24:00h.

Para participar hai que reservar a praza chamando ao teléfono antes mencionado e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo oficina@iem.gal no día posterior a reserva.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies