Inicio Val Miñor Baiona Históricos da vela participan nun proxecto do Monte Real Club de Yates...

Históricos da vela participan nun proxecto do Monte Real Club de Yates de Baiona

Históricos da vela participan nun proxecto do Monte Real Club de Yates de BaionaNo ano en que se cumpre o vixésimo quinto aniversario do “Galicia 93 Pescanova” o Monte Real reuniu este martes en Baiona a Javier de la Gándara, Chuny Bermúdez de Castro, Ñaco Eraso y Guillermo Altadill. 

O patrón e os tres tripulantes que competiron na Whitbread Round the World 93-94 encargáronse de liderar, xunto con Pablo Iglesias e Jorge Lorenzo, a un grupo de seis tripulacións dunha importante empresa multinacional que, a bordo de seis veleiros do club, participaron en varias actividades formativas de coaching e team building en augas da ría de Vigo.

A actividade forma parte do proxecto Team Sailing do Monte Real Club de Yates, posto en marcha en 2017. Trátase dun programa co que o club ampliou as actividades que ofrecía ao público xeral máis aló da formación na súa Escola de Vela ou a participación en regatas.

A través de 6 propostas diferenciadas, o Monte Real ofrece a sectores non relacionados directamente coa náutica a posibilidade de achegarse ao mundo da vela co obxectivo de extraer dela beneficios a nivel persoal e profesional.

Das 6 actividades propostas, 3 teñen un carácter máis lúdico, que pasa por vivir a experiencia dunha regata, participar nunha competición para coñecer as Illas Cíes ou descubrir Baiona en veleiro. A outra metade da oferta aséntase en elementos formativos moi relacionados co coaching, incluíndo talleres para empresas, sesións de team building para mellorar o rendemento ou workshops para optimizar o traballo en equipo.

Disputar unha regata con compañeiros de traballo nun das paraxes máis belas da costa atlántica, visitar o único parque nacional mariño de España, adestrar habilidades de liderado para mellorar o rendemento de equipos e o clima laboral dentro dunha empresa, redefinir o rumbo persoal e laboral dos traballadores ou mellorar o uso do tempo son algunhas das posibilidades que ofrece o programa Team Sailing do Monte Real Club de Yates.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies