Inicio Pontevedra Baixo Miño Goián rende homenaxe á amizade dos pintores Antonio Fernández e Eduardo Padín

Goián rende homenaxe á amizade dos pintores Antonio Fernández e Eduardo Padín

Goián rende homenaxe á amizade dos pintores Antonio Fernández e Eduardo PadínUnha mostra única que reúne 16 lenzos de ambos os autores, que se atopaban en mans das familias e coleccionistas; documentos, artigos de prensa, debuxos, postais, etc.

A Asociación Cultural Pintor Antonio Fernández, de Goián, inaugurou na tarde-noite do pasado venres, coa colaboración do Concello de Tomiño, a exposición “Antonio Fernández, Eduardo Padín. Homenaxe entre amigos”.

Unha mostra única que reúne 16 lenzos de ambos os autores que se atopaban en mans das familias; documentos, artigos de prensa, debuxos, postais, borradores de cartas entre os pintores; un cadro de Antonio Fernández dedicado a Padín e pintado polas dúas caras, e a única foto que se conserva dos dous artistas xuntos.

Entre as pezas expostas atópanse dúas de singular importancia: unha carta escrita en galego por Antonio Fernández ao seu colega e amigo Eduardo Padín, de Tui, e un artigo de 1968 da Folla do Luns, de Faro de Vigo, escrito por Padín a Fernández, no que lle dá as grazas pola súa amizade e labor profesional.

A inauguración da exposición tivo lugar na sala anexa da aula-Museo Antonio Fernández, situada en fronte da praza de Goián e contou coa asistencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e de Clodio González Pérez, membro da Real Academia Galega, entre outras autoridades e persoas relacionadas coa cultura e as artes. A mostra permanecerá aberta até o 26 de xullo en horario de 11.00 a 14.00 horas.

Manuel Villa Troncoso (Mané), presidente da asociación organizadora, explicou que a mostra se fixo coincidir coas festas de Goián e tamén co primeiros cinco anos da aula- Museo do pintor.

Preparan ademais unha macro exposición para o 2020 cando se cumpren 50 anos da morte de Antonio Fernández.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies