Inicio Baixo Miño O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón renova a súa sinalización

O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón renova a súa sinalización

O Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón renova a súa sinalización O Concello de  Tomiño renova a sinalización do Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, que recolle a maior combinación circular de Europa

O Concello de Tomiño vén de rematar o proxecto de ‘Reposición de sinalización e equipamento do Ecoparque Monte Tetón, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural. Trátase dunha axuda dirixida aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2017 e publicada no BOPPO do 01/06/2017.

No Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón atópase a maior combinación de circos concéntricos coñecida na arte rupestre mundial.

A realización deste proxecto débese a que na actualidade este ecoparque presentaba considerables danos froito do deterioro normal dun xacemento ao aire libre, que afectaban principalmente á sinalización do parque e a determinados elementos estruturais, como varandas ou pasos de madeira.

Como consecuencia da realización deste proxecto modernizouse, actualizouse e substituíuse a sinalización do parque e reparouse e mellorouse a accesibilidade dos xacementos. Ademais, como complementariedade, recolleuse toda a información sobre estes petroglifos na web do concello de Tomiño, dentro do apartado Descubrir Tomiño.

O importe da axuda ascende a 36.300 euros e subvenciona ao 100% os seguintes conceptos: estudo e actualización dos contidos divulgativos do parque; elaboración, deseño e maquetación dos recursos gráficos, audiovisuais, paneis divulgativos e sinalización do parque; redacción do proxecto arqueolóxico para a intervención de estruturas; produción e instalación da sinalización e dos paneis divulgativos; publicación en liña dos recursos dixitais dos contidos accesibles; a execución da intervención nas estruturas perimetrais, pasamáns e pasarela de acceso universal ao xacemento; a difusión e publicación da intervención; a avaliación da intervención e a xustificación do proxecto.

Entra nas imaxes para ver os distintos carteis de sinalización coa información acerca deste xacemento arqueolóxico.

Entradas relacionadas: Santa María de Tebra: Un paseo polo Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies