Inicio Pontevedra O Salnés O conselleiro de Sanidade entregou o diploma de participación na Rede Galega...

O conselleiro de Sanidade entregou o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume ao Club Naútico de Portonovo

O conselleiro de Sanidade entregou o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume ao Club Naútico de PortonovoO conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle hoxe ao presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruiz de Cortázar Díaz, o diploma de participación na Rede Galega de Portos sen Fume.

A colaboración da Consellería de Sanidade coa Conselleira do Mar, a través de Portos de Galicia, foi indispensable para poder conseguir o obxectivo da Xunta de Galicia de crear a Rede Galega de Portos sen Fume. O Executivo que preside Núñez Feijóo fíxose chegar a proposta aos diferentes xestores portuarios solicitándolle a súa valoración e colaboración, coa fin de facer dos portos autonómicos contornas máis saudables e sustentables.

Esta iniciativa nace da boa aceptación e valoración entre a poboación galega dun proxecto similar que é a Rede Galega de Praias sen Fume, que se iniciou no ano 2016 coa fin de desnormalizar o consumo de tabaco na nosa sociedade, ampliando a prohibición de fumar a espazos abertos non incluídos na normativa vixente.

Como na iniciativa de Praias sen Fume, nos portos que se adscriban á rede non se pode fumar, e non existe vixilancia nin sanción para o cumprimento. Trátase, pois, dun compromiso persoal, promovendo a participación activa da sociedade en temas de saúde.

Todos os materiais de sinalización, así como os informativos e de sensibilización dirixidos a sociedade, serán facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que tamén se fará cargo do seguimento do proxecto.

Estas redes sen fume teñen como obxectivo ir aumentando a prohibición de fumar en espazos ao aire libre, mantendo a non vixilancia nin a sanción para o incumprimento, promovendo unha vida sen tabaco, e, ademais, recalcando a importancia da conduta positiva dos adultos ante os mais pequenos coa fin de que sexa visible para eles que o normal é non fumar.

Esta pilotaxe, que comenzou este ano, xa conta coa participación de tres portos adscritos: Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Portosín e o Real Club Náutico de Ribadeo. O Monte Real Club de Yates de Baiona vén de expresar o seu desexo de participar na iniciativa nos vindeiros meses.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies