Inicio Val Miñor Nigrán Unha trintena de voluntarios retiran 300 kg. de lixo da desembocadura do...

Unha trintena de voluntarios retiran 300 kg. de lixo da desembocadura do río Miñor

Unha trintena de voluntarios retiran 300 kg. de lixo da desembocadura do río MiñorUnha trintena de voluntarios acudiu onte a chamada do Concello de Nigrán e a organización ecoloxista Adega para limpar a desembocadura do río Muíños, en Praia América, constituíndo o maior número de participante ata a data nesta limpeza simultánea a nivel galego.

Unha trintena de voluntarios acudiu onte a chamada do Concello de Nigrán e a organización ecoloxista Adega para limpar a desembocadura do río Muíños, en Praia América, constituíndo o maior número de participante ata a data nesta limpeza simultánea a nivel galego. Ao longo de aproximadamente dúas horas o grupo extraeu 300 kg  de lixo, fundamentalmente pequenos plásticos degradados como envoltorios de caramelos, paus de bastoncillos das orellas, tapas de botellas, restos de poliespan… Esta característica diferenciou moito a recollida desta edición, xa que no Esteiro de A Foz (onde se levou adiante nos anos anteriores) sobresaían materiais máis voluminosos (rodas, aparellos de pesca, tixolas, paraugas…) e moito vidro (botellas e vasos).

A XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, levada a cabo por cuarto ano consecutivo no municipio entre Concello de Nigrán e Adega, reuniu ao maior número de voluntarios ata a data

 O Concello de Nigrán sumouse deste xeito por cuarto ano consecutivo á acción enmarcada no ‘Proxecto Ríos’, un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Esta XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en medio cento de concellos de toda Galiza.

Nesta edición, celebrada por vez primeira fora do esteiro de A Foz, atopáronse principalmente plásticos (envoltorios de caramelos, paus de cotonetes, tapas de botellas, restos de poliespan…)

“Dende o Concello de Nigrán nos sumamos sempre a este tipo de iniciativas de voluntariado ambiental e as promovemos porque teñen un caracter educativo e divulgativo que consideramos fundamental para concienciar a toda a sociedade”, asegura Juan González, alcalde de Nigrán, quen participou na limpeza xunto a voluntarios e máis membros do goberno local.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies