spot_img
InicioVal MiñorBaionaPablo Ania e Laura Quetglas, campións de Longa Distancia no Campionato de...

Pablo Ania e Laura Quetglas, campións de Longa Distancia no Campionato de España de Paddle Surf celebrado en Baiona

A nigranesa Esperanza Barreras foi segunda no Campionato de España de Longa Distancia de Paddle Surf celebrado en Baiona no que Pablo Ania e Laura Quetglas, foron os campións
Tras unha emocionante saída, un centenar de deportistas participaron esta tarde na proba reina do Campeonati de España de Pádel Surf. Pablo Ania, chegou en primeiro lugar cun tempo de 1’24″40.O deportista do Club Paddle Surf Burriana era un dos favoritos. O segundo e terceiro lugar foron para Rafa Sirvent, do Club Párres Water Sports de Santa Pola, e Quique Furtado, do Mar Balear.
 
Na categoría feminina Laura Quetglas fíxose co ouro. A deportista do Mar Balear fixo un tempo de 1 33′ 56″. Esperanza Barreras chegou en segundo lugar. A nigranesa entrena na actualidade no Club Onexe de Forteventura. En terceiro lugar chegou Sonia Furtado, do Mar Balear.
 
Unha das favoritas, a tamén galega Marta Abruñedo, do Club Galego de Surf de Nigrán  f’ixose co cuarto posto.
- Publicidade -spot_img