spot_img
InicioVal MiñorNigránReparten trampas contra a 'vespa velutina' en Nigrán

Reparten trampas contra a ‘vespa velutina’ en Nigrán

Reparten trampas contra a 'vespa velutina' en NigránO Concello de Nigrán acolleu  un stand informativo sobre a vespa velutina da Asociación Forestal Galega (ASEFOGA) en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Dous técnicos informaron aos interesados sobre esta especie invasora, ao tempo que repartiron medio cento de trampas realizadas de xeito artesanal con botellas de auga. O obxectivo é promover a sensibilización da opinión pública fronte á problemática que conleva, reducir o seu impacto ambiental na comarca, reducir o uso descontrolado de trampas non selectivas e mellorar o coñecemento da especie.

Durante toda a mañá de onte, un stand informativo financiado pola Deputación de Pontevedra estivo instalado fronte ao consistorio

Dende o Concello de Nigrán, a través do edil Alfonso Vázquez, repartíronse este ano gratuítamente entre os veciños 100 trampas (que se suman ás 150 anteriores) e 100 litros de líquido atraínte. Asemade, o propio Alfonso Vázquez fumigou cen niños, o último hoxe mesmo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.