O deporte galego chora o pasamento de José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico”
José Luís Méndez, “impulsor do remo en Galicia e gran remeiro olímpico, dedicou toda a súa vida a traballar en prol do deporte e do remo galego”.
A Xunta de Galicia recoñeceu o seu labor a prol da promoción e fomento do deporte e da educación física na comunidade galega no ano 2013 coa entrega da Distinción ao Mérito Deportivo.
Foi adestrador do Club Remo do Miño nos anos 70/80, onde conseguiu incontables medallas nacionais e internacionais, varios campionatos de España, e varios dos seus remeiros conseguiron ser finalistas en varios campionatos do mundo.
Hoxe cúmprense 4 anos desta imaxe:
Méndez participou nos Xogos Olímpicos de Roma en 1960 co equipo de remo de catro con timonel. Ademais foi fundador, presidente, adestrador, delegado e mecenas do Club de Remo Miño de Tui.
O CLUB REMO DO MIÑO, UN CLUB PEQUENO CON SOÑOS GRANDES
Este é o título da pequena reportaxe sobre o club e a figura do seu anterior presidente e fundador, que incluímos no nº de verán do pasado 2020 e que podes atopar nas páxinas 46 a 49