spot_img
InicioBaixo MiñoO Club de Remo do MiñoTui-Seta gran triunfador na XXXVII regata Miño...

O Club de Remo do MiñoTui-Seta gran triunfador na XXXVII regata Miño Internacional XIII Copa da Deputación de Pontevedra

o-club-de-remo-do-minotui-seta-gran-triunfador-na-xxxvii-regata-mino-internacional-xiii-copa-da-deputacion-de-pontevedra

Cunha mañá moito fría pero totalmente despexada e o río en excelentes condicións, desarrollouse nas inmediacións do Club Remo do Miño, a XXXVII regata Miño Internacioinal, XIII Copa Presidente da Deputación de Pontevedra, onde o Club Remo do Miño obtivo uns resultados excelentes, gañando en dous das catro probas.

A primeira medalla veu das mozas Carlota González, Paula Prada, María Maidana do Club Remo do Miño, e Nuria Pretel, do club ‘Madrid Velocidad’, facendo un Mixto con elas e conseguindo a medalla de bronce na categoría absoluta aínda sendo tres delas cadetes e unha xuvenil. Foron as atletas mais novas deste campionato, realizando unha magnifica regata.

Os resultados foron os seguintes:
OURO…………Sport Club do Porto

PRATA…………Mixto Sport Club Camiñense/Viana Remadores de Lima

BRONCE………Mixto Club Remo do Miño/mMadrid Velocidad

A outra medalla de bronce veu na seguinte regata, o Oito Veterano, onde os remeiros do Club Remo Do Miño Seta-Tui conseguirian outra medalla de bronce. A tripulación estaba formada por: Baltasar Marquéz, Juan Ramón Vilar, Enrique Pena, Juan Santos, Camilo Aval, Carlos Juncal, Alfonso Comesaña e como temoneiro Nadine Fernández.

ORO……………. A.D.J.V Cerveira

PLATA………….. Sport Club Caminhense

BRONCE………..Club Remo do Miño

No catro Scull Absoluto, o Club Remo do Miño Tui-Seta, participaba nesta regata con tres equipos. Un equipo veterano formado por Antonio Basterra, Alberto Millán, Juan Manuel del Moral e Fernando Álvarez, que finalizarían na décimo sexta posición. O equipo dos xuvenís, remaron a súa primeira regata, e con iso aprenderon sobre todo a adquirir experiencia na competición. A tripulación estaba formada por: Youb Bacha, Gabriel Oliveira, Santiago Rodríguez e Héctor Alonso, que finalizaron na décimo séptima posición.

Finalmente nesta modalidade, a tripulación formada por Cristian Frenández, Damián Alonso do Club Remo do Miño, Gonzalo Pérez de Remeiros de Nalón e David Lago do Naútico de Vigo, quedaron en primeira posición de 20 embarcacións que competian.

A clasificacion xeral foi:

ORO……………Club Remo do Miño/Nalón/Naútico

PLATA…………Infante don Enrique

BRONCE………Club Remo Tui

No oito absoluto, exhibición do Miño nesta categoría, gañando esta regata con moitísima autoridade nunha embarcacion mixta, composta por seis remeiros do Miño e dous de Robaleira. A tripulación estaba formada por: David Prada, Francisco Javier Álvarez, Sergio Pérez, Óscar Alonso, Jaime de Haz, Joge André Carbalho, Temoneiro Raquel Comesaña, do Club Remo do Miño, e Jesús González xunto con Rodrigo Conde de Robaleira da Guarda.

ORO………………Club Remo do Miño/Robaleira

PLATA……….……Fluvial Portuense

BONCE……………Sport Club Caminhense

Unha mañá agradable de competicion, onde ao final das regatas procedeuse á entrega de trofeos por parte das autoridades presentes, Alcalde de Tui, Deputada provincial, Comandante Naval do Miño, Capitán da Garda Civil, Concelleiro de Deportes, Concelleiro de Limpeza, presidente do Club Remo do Miño de Tui desta XXXVII edición do Miño Internacional, XIII edición de Cópa Presidente da Deputación de Pontevedra..

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.