Inicio Pontevedra O Salnés Silva sinala A Lanzada como un dos principais asentamentos na provincia de...

Silva sinala A Lanzada como un dos principais asentamentos na provincia de Pontevedra entre os séculos I e V d.c.

silva

Os enterramentos de corpos de menores e adultos atopados na escavación demostran que estivo habitado  polo menos durante 400 anos

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou hoxe que os datos avalan que en A Lanzada é un dos principais asentamentos dende a idade de ferro ate o século V d.C. na nosa provincia.

Silva presentou hoxe en rolda de prensa os resultados das analíticas de radiocarbono, feitas por un laboratorio de Miami, sobre os restos enviados de diversos corpos atopados nas escavacións de A Lanzada que concluirán a finais deste mes. Eses novos datos permiten establecer aos arqueólogos que polo menos en 400 anos houbo un asentamento e enterramentos na área de escavación do castro de Sanxenxo.

O primeiro dos restos enviados foi o corpo dunha muller, á que denominados “Cornelia”, que están datados entre os anos 435 ao 610. Igual resultado ofrece un dos outros corpos adultos atopados na proximidade de “Cornelia”. Está datado entre os anos 405 ao 550.

No xacemento tamén se atoparon os restos de 13 corpos de menores, catro deles tamén foron enviados a Miami, e as súas datacións demostran que son moito máis  antigos. Teñen datacións comprendidas entre os anos 60 ao 215 un deles, outro entre os anos 25 ao 130, e os demais teñen datacións entre os anos  40 e 85  e entre o 60 ao 215.

Segundo subliñou Carmela Silva estas datas demostran que estaríamos ante dúas zonas de enterramento distintas. Unha entre os séculos I a II d.C. situada nas proximidades das estruturas de vivendas rectangulares atopadas, e a outra zona do século V d.C. próxima tamén a estrutura dun edificio rectangular atopado na escavación desas mesmas datas.

Nestes últimos días de escavacións, apareceu unha nova fíbula de bronce, moi característica dos séculos I a.C. – I d.C. Tamén, destacou a Presidenta que nun sondaxe, a máis de cincuenta metros da actual escavación se localizou un tanque de cristalización dunha salina que podería ser de época pre-romana. Aínda que se trataba dun simple sondaxe finalmente acabouse escavando unha área de trinta metros cadrados que permitiron ver case que a totalidade do tanque de cristalización.

Carmela Silva subliñou que dende o mes de xullo que comezaron as escavacións en A Lanzada atopáronse máis de quince mil pezas distintas entre as que destacan cerámicas, moedas de distintas épocas, puñais e fíbulas, entre outros.

Por último a Presidenta da Deputación sinalou que ao longo do que resta de mes aínda vanse continuar coa escavación dunha pequena zona e posteriormente se procederá a consolidar as estruturas atopadas  para o traballo restante de musealización que deberá levar a cabo o Ministerio de Fomento.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies