O Consorcio da Zona Franca cederá á Universidade de Vigo o edificio de López Mora, antigo centro de informática, para a realización de exames presenciais coas máximas garantías de seguridade fronte ao covid
Trátase dunha medida excepcional para facilitar a realización das probas que a Universidade de Vigo determine e que beneficiará a profesores e alumnos, que contarán cunhas instalacións amplas, con aparcamento, ben comunicadas en autobús urbano e moi próximas a outros edificios universitarios de Torrecedeira.
O delegado da Zona Franca, David Regades visitou hoxe as instalacións co reitor, Manuel Reigosa; e o vicerreitor de Planificación, José Luis Míguez; acompañados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Regades, explicou que o equipo reitoral “transmitiu a Zona Franca que, por mor da pandemia, onde antes necesitaban dúas aulas para cen alumnos agora necesitan oito”, así que o Consorcio “poñerá ao dispor da Universidade de Vigo xa a próxima semana este edificio para facilitar que non haxa desprazamentos á universidade e que teñan máis espazos para realizar os exames”.
Manuel Reigosa, expresou o seu agradecemento a Zona Franca “pola disponbilidade por ceder este espazo durante o tempo que duren os exámenes”. O reitor tamén explicou que “este espazo nos pode valer para incrementar o número de postos de lectura, para preparar os propios exámenes”.
Pola súa banda, tanto a a presidenta da Deputación, Carmela Silva, como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, coincidiron en facer unha valoración moi positiva de esta colaboración.
Zona Franca adquiriu o pasado mes de setembro as instalacións do antigo centro de informática en López Mora a Abanca. É un conxunto de catro edificios de oficinas situados sobre unha parcela de 8.500 metros cadrados. Os edificios contan con tres e catro alturas, distribuídas en espazos para oficinas, almacéns e servizos.