·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaO sector pesqueiro galego poderá beneficiarse de máis de 1,6 millóns de...

O sector pesqueiro galego poderá beneficiarse de máis de 1,6 millóns de euros en axudas para poñer en marcha proxectos innovadores

os peiraos autonómicos de Galicia recibiron máis de 2.500 embarcacións en tránsito durante o primeiro semestre do ano
Porto de Malpica de Bergantiños

Poderán optar a estas subvencións os propietarios de buques pesqueiros e as súas organizacións -incluídas as confrarías- que conten coa colaboración dun organismo científico que desenvolva as operacións e valide o seu resultado

A Consellería do Mar pon a disposición do sector pesqueiro máis de 1,6 millóns de euros en axudas para desenvolver proxectos innovadores. Esta cantidade, que se distribúe nas anualidades 2021 e 2022, enmárcase na convocatoria de 2021 destas achegas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), tal e como recolle a orde que publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG) nos vindeiros días.

Poderán optar a estes apoios os propietarios de buques pesqueiros e as súas organizacións ou asociacións -incluídas as confrarías de pescadores- que conten coa colaboración dun organismo científico que desenvolva as operacións e valide o seu resultado. Terán a consideración de organismo científico ou técnico os incluídos no rexistro creado ao abeiro do real decreto polo que se regulan os Centros Tecnolóxicos e os Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica. Tamén poderán validar os resultados os Organismos públicos de investigación (OPI) indicados na Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, os recoñecidos pola normativa propia das comunidades autónomas e as universidades públicas e privadas ou entidades do sector público que desenvolvan actividades de I+D+i.

Serán subvencionables, entre outros, os proxectos innovadores que busquen desenvolver ou introducir produtos e equipos, procesos e técnicas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados

Esta convocatoria comprende dúas liñas de axuda diferentes. Unha delas é para proxectos innovadores que busquen desenvolver ou introducir produtos e equipos, procesos e técnicas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados e a ela destínanse 810.000 euros. A outra liña de axudas conta con 800.000 euros e enfócase a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e as capturas accesorias e á introdución de técnicas de pesca perfeccionada e de artes máis selectivas.

Algúns exemplos de accións de colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos científicos susceptibles de poder acollerse a estas achegas son as tecnoloxías para a dixitalización dos datos para a identificación e cuantificación de especies e biomasa descartada e o desenvolvemento de sistemas de clasificación e cuantificación de capturas. Outros exemplos son o desenvolvemento de procesos de valorización dos descartes de pesca que abran novas oportunidades comerciais ou aparellos de pesca innovadores e máis selectivos.

Tamén serán obxecto de axuda as iniciativas que contribúan á eliminación gradual dos descartes e as capturas accesorias e á introdución de técnicas de pesca perfeccionada e de artes máis selectivas

Con estas subvencións, a Xunta busca impulsar a competitividade e a sustentabilidade medioambiental do sector. Así, a través delas subvencionarase con carácter xeral o 50% dos investimentos que fagan os propietarios de buques pesqueiros e as súas organizacións en proxectos e operacións innovadoras. Esa porcentaxe pode chegar ao 100% cando se trate de proxectos de interese colectivo, cun beneficiario colectivo e con características innovadoras a escala local.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies