spot_img
InicioBaixo MiñoO Conservatorio de Música Profesional de Tui organiza novos Concertos de Xoves...

O Conservatorio de Música Profesional de Tui organiza novos Concertos de Xoves Intérpretes

o-conservatorio-de-musica-de-tui-organiza-o-iv-ciclo-de-concertos-de-xoves-interpretes

Mónica López, Ella Cordon  e Sara Pumar  actúan o luns no IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes.

O próximo luns, 18 de abril, continua o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui que comezou no mes de marzo.

A sala de audicións do Conservatorio acollerá o luns ás 20.30h o concerto de  Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. A entrada é gratuíta.

O seguinte concerto do ciclo será o luns 25 de abril cando actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o  venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.