spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán acolle a primeira proba do Campionato Zonal de Duatlón Escolar da...

Nigrán acolle a primeira proba do Campionato Zonal de Duatlón Escolar da provincia de Pontevedra

nigran-acolle-a-primeira-proba-do-campionato-zonal-de-duatlon-escolar-da-provincia-de-pontevedra
Luis Sanromán, concelleiro de Deportes, Juan González, alcalde de Nigrán e Guillermo Reinaldo, delegado de Xogade da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Na competición, que terá lugar este domingo, participarán 78 rapaces de entre 9 e 15 anos distribuídos en catro categorías

Un total de 78 rapaces participarán este domingo 17 de abril a partir das 11.00 horas na primeira proba da tempada do Campionato Zonal de Duatlón en Idade Escolar da provincia de Pontevedra, que terá lugar no parque empresarial y terciario de Porto do Molle. A competición, organizada pola Agrupación deportiva escolar 14, en colaboración co Concello de Nigrán, combina a bicicleta coa carreira a pé, e enmárcase no Programa Xogos Galegos Deportivos (Xogade) en Idade Escolar, promovido pola Xunta de Galicia.

O percorrido discorrerá entre a rúa das Pontes e a rúa dos Lagares do parque empresarial con distancias entre 2.750 e 11.000 metros

Esta modalidade deportiva reunirá a deportistas de entre 9 e 15 anos dos club Atletismo Porriño, Comesaña Sporting, Ciclista Corbelo, Cotobade Xtreme, Triatlón Mar de Vigo, Deportivo Pinarium, Escolas Triatlón Poio e IMD Pontevedra Triatlón nun percorrido que discorrerá entre a rúa das Pontes (vial A) e a dos Lagares (vial 5) no polígono de Porto do Molle.

As saídas serán mixtas para todas as categorías. Os benxamíns serán os primeiros en comezar a proba ás 11.00 horas e realizarán 500 metros a pé, 2.000 en bicicleta e 250 metros de novo a pé; os alevíns sairán ás 11.30 horas e fará 1.000 metros a pé, 4.000 en bicicleta e 500 metros a pé; os de infantil, comezarán ás 12.00 horas, e terán que percorrer 1.500 metros a pé, 6.000 en bicicleta e 750 a pé; e os da categoría cadete serán os últimos en saír, ás 12.45 horas e terán que realizar 2.000 metros a pé, 8.000 en bicicleta e 1.000 metros a pé. Os tres primeiros de cada categoría recibirán unha medalla e clasificaranse para a seguinte competición.

- Publicidade -spot_img