spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convoca o IX Premio de Poesía...

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convoca o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo grazas ao decidido mecenazgo do Concello de Gondomar

Premio Victoriano taibo 2016A oitava convocatoria deste certame poético pasou serias dificultades de supervivencia ao decidir a patrocinadora, Entidade Local de Morgadáns, romper o convenio que regulaba a colaboración sen a denuncia previa contractual.

Afortunadamente, o concello de Gondomar acudiu entón ao rescate, e agora o seu decidido mecenado dálle continuidade, polo que o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) convoca o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 31 de xullo de 2016, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego (normativa da RAG), cunha extensión mínima de 300 versos.

As oito edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación e, nas obras galardoadas, de crítica. En todas a concorrencia estivo arredor dos 45 orixinais. Mentres nas demais convocatorias o premio correspondeulle a unha obra individual (Carlos Negro con Cultivos Transxénicos, Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles, Calros Solla con Holocausto Zacoe, Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías, Ramón Sandoval con Territorios Estraños, Lara Rozados con O caderno amarelo e Iñaki Varela con D outro lado das portas, respectivamente) na segunda o xurado decidiu conceder o premio ex aequo aos poemarios Cuarto Minguante, do que era autora Mª Carmen Caramés, e Biografía da Multitude, que resultou estar creado a dúas mans por Elvira Riveiro e Silvia Penas.

comillasO premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM

O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará durante o terceiro trimestre deste ano, do que se dará información pública suficiente.

acto-conmemorativo-do-cincuenta-aniverasio-do-falecemento-de-victoriano-taibo-na-aula-ponte-de-rosas-de-gondomarVictoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, foi unha figura sobranceira nos dous primeiros terzos do século XX. Mestre de profesión, tivo unha importante actividade cultural e foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Históricos do Minho.

Publicou en vida os poemarios Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) e a obra narrativa Da agra aberta, contos e lêndas (1956); deixou inéditos dous volumes de poesía, Abicedo e Cabrinfollas, que foron publicados en 2008 pola editorial Follas Novas, edición dirixida por Armando Requeixo; ademais conta con abundante obra espallada en diversas publicacións tanto galegas como da emigración americana.

No ano 2008 recibiu unha homenaxe en Morgadáns, lugar onde exerceu a súa docencia durante 20 anos, organizada polo IEM, que con tal motivo reeditou Da agra aberta e publicou unha Revista monográfica sobre o personaxe que recolle interesantes aspectos da súa vida e obra, coa participación dun nutrido grupo de persoas do mundo da cultura.

Pódense consultar as bases no seguinte enderezo da web do IEM: http://www.minhor.org/premio-victoriano-taibo

 

- Publicidade -spot_img