Inicio Baixo Miño O concello do Rosal, gañador dos "Premios Galicia Parabéns 2019-2020"

O concello do Rosal, gañador dos “Premios Galicia Parabéns 2019-2020”

O concello do Rosal, gañador dos Premios Galicia Parabéns 2019-2020O Concello do Rosal acaba de ser proclamado o gañador dos premios Galicia Parabéns convocados pola Axencia de Turismo de Galicia para distinguir as mellores iniciativas de embelecemento e recuperación do noso territorio.

O proxecto “Acondicionamento do Camiño de Santiago e da explanada do horizonte no lugar de Portecelo”, redactado pola rosaleira María Fandiño Iglesias, foi o proxecto mellor valorado polo xurado, acadando un premio de 400.000€.

Con esta actuación, que se iniciará proximamente, preténdese a revalorización e mellora paisaxística do tramo do Camiño de Santiago Portugués pola Costa, a creación dunha zona de descanso en Portecelo e a creación do Miradoiro do Horizonte, con espazos de ocio para os veciños e visitantes.

Recupérase a ladeira natural, modificado polo recheo colocado sobre a pedra natural, restablecendo o perfil orixinal desta zona e mellorando a súa calidade paisaxística, incorporando especies forestais autóctonas para enriquecer o seu valor natural.

Este proxecto é unha mostra do compromiso do Concello do Rosal de preservar os elementos paisaxísticos e o patrimonio cultural e natural de Portecelo  como elementos clave da nosa identidade ademais de ser recursos turísticos de valor incalculable.

O equipo de goberno quere mostrar un agradecemento especial a todas as persoas implicadas en que este proxecto se faga realidade, en especial á veciñanza de Portecelo e á Comunidade de Montes do Rosal, sen a súa colaboración e interese este proxecto non sería posible.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies