spot_img
InicioVal MiñorBaionaCon motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de...

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Baiona reabre a mostra etnográfica “Os Menesteres de Ribeira”

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Baiona reabre a mostra etnográfica “Os Menesteres de Ribeira”O 17 de maio e con motivo do día das Letras Galegas, o Concello de Baiona ten programado, unha serie de actividades encamiñadas a conmemorar esta data festiva.

Ás 11:00h da mañá na entrada ao Parador onde arrancará a XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor, polo que convidamos a todos os baioneses que desexen pasar unha mañá subido a súa bicicleta e practicando o seu deporte favorito. O pelotón sairá en dirección a Ramallosa e xuntarase cos ciclistas dos municipios de Gondomar e Nigrán, para entre todos disfrutar no Val Miñor da Festa da Bicicleta.

Polo tarde e como ven sendo tradición nesta data a partir das 17:30h sairán polas rúas principais da vila os pasarrúas do 8º Festival Bai de Muiñeiras rematando no Paseo Ribeira ás 18:00, onde terá lugar as actuación dos grupos folclóricos:

 Grupo de Baile e Gaitas “Mar de Arosa” (Vilargarcía de Arousa)
 Asociación cultural “Tangaraño” (Mos)
 Escola de Danza “Vila de Baiona” (Baiona)
 Pandereteiras “Monteboi” (Baiona)
 Asociación cultural “A Seneira” (Baiona)

En caso de choiva o Festival Baidemuiñeiras trasladarase ao Auditorio V Centenario á mesma hora prevista de comezo.

Tamén poderemos gozar durante todo o día dunha feira de antigüidades e coleccionismo na Avda. Xulián Valverde de Sabarís.Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Baiona reabre a mostra etnográfica “Os Menesteres de Ribeira”

E por último e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano se adica a figura de Antón Fraguas, que destacou en diferentes eidos a cultura galega como a etnografía, o Concello de Baiona quere reabrir unha mostra etnográfica do historiador local Anxo Lemos “Os Menesteres de Ribeira” que é unha aproximación ao mundo mariñeiro da vida de Baiona a través das artes de pesca, embarcacións e os seus contrutores na carpintería de Ribeira. Esta mostra poderá visitarse durante todo o día en Capitanía Marítima en horario de 11:00-14:00h e de 17:00-20:00h.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.