spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona habilitará unha bolsa de estacionamento de máis de...

O Concello de Baiona habilitará unha bolsa de estacionamento de máis de 10.000 vehículos en Porto do Molle durante a celebración da Arribada

o-concello-de-baiona-habilitara-unha-bolsa-de-estacionamento-de-mais-de-10-000-vehiculos-en-porto-do-molle-durante-a-celebracion-da-arribada

O concello ofrecerá autobuses lanzadeira gratuitos que se desprazarán desde o polígono ata a vila cada media hora, achegando deste xeito aos usuarios ata a zona centro de Baiona

O Concello de Baiona atópase mergullado nos preparativos da XXI edición da Festa da Arribada, a primeira edición desde a súa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. O Concello dispoñerá un operativo especial de emerxencias durante os días 4, 5 e 6 de marzo polo que se incrementarán as medidas de seguridade e intensificarase a colaboración entre os distintos corpos de seguridade.

Así o trasladaron nunha rolda de prensa o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o alcalde do municipio, Angel Rodal, tras a reunión da Xunta Local de Seguridade de Baiona, á que tamén asistiron o subdelegado do Goberno, Antonio Coello Bufill e representantes da Guardia Civil, Policía Autonómica, Policía Local.

Este ano a gran novidade radica o operativo deseñado para organizar o tráfico e a afluencia de vehículos a Baiona. “Desde a Concellería de Cultura traballouse incansablemente para buscar alternativas de estacionamento. Por iso, o Concello de Baiona conveu con Zona Franca de Vigo permitir o estacionamento en Porto do Molle”, sinalou Rodal.

Esta medida, ofrecerá unha bolsa de aparcadoiro de máis 10.000 vehículos. “O concello ofrecerá autobuses lanzadeira gratitos que se desprazará desde o polígono ata a vila cada media hora, achegando deste xeito aos usuarios ata a zona centro de Baiona”, concluíu o Alcalde. Trátase dun traxecto de ida e volta que sairá ás horas de Nigrán e chegará á entrada do Parador de Baiona.

comillasAs lanzadeiras estarán dispoñibles o sábado, de 12h a 00h, e o domingo, 11h a 22h.

Para evitar o tráfico que se concentra na entrada á vila, os autobuses utilizarán a autoestrada AG-57 para completar o traxecto entre Nigrán e Baiona, saíndo en Baredo, con parada prevista no Paseo Ribeira. Deste xeito, os visitantes poderán estacionar os seus vehículos nunha zona segura e gozar tranquilamente da festa medieval.

“O obxectivo desta medida é que ninguén se perda a Festa da Arribada e menos esta edición tan especial. Baiona ten capacidade para recibir un gran número de visitantes. De feito, cada vez vin máis xente a gozar da nosa festa medieval e fano dunha forma ordenada”, destacou María Iglesias, Concelleira de Cultura.

Desde o Concello de Baiona vén traballando incansablemente en buscar alternativas de estacionamento. Con todo, conseguiuse que unha vila dunhas 12.000 persoas sexa capaz de recibir a máis de 200.000.

o-concello-de-baiona-habilitara-unha-bolsa-de-estacionamento-de-mais-de-10-000-vehiculos-en-porto-do-molle-durante-a-celebracion-da-arribada

 

Asímismo, como en anos anteriores, habilitaranse estacionamentos na estrada da Costa, en Sabarís, garantirase o acceso aos aparcadoiros da Palma e Aral. Tamén se aconsella aos condutores, en Sabarís, tomar o desvío pola circunvalación cara a Baredo.

Aqueles que queden a gozar da noite baionesas poderán regresar ás súas casas en autobús desde as 05:30h da madrugada do domingo, desta forma a liña de autobuses A.T.S.A. adianta o seu horario, co fin de dar un maior servizo aos usuarios.

Entre as alternativas para chegar á Real Vila lembrar as navieras Mar de Ons e Piratas de Nabia ofrecen a posibilidade de facelo a través do barco que realizará viaxes continuadas desde o peirao de Vigo, Cangas e Panxón, ao peirao de Baiona.

Todas estas medidas foron tratadas na Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello Bufill. Na sesión de traballo tamén participaron os responsables directos de todos os corpos de seguridade que intervirán para establecer o plan de actuacións que aplicará durante a celebración da Festa da Arribada. Co obxectivo de garantir tanto a seguridade como os accesos á vila e o bo desenvolvemento das actividades programadas, dispuxéronse uns 200 efectivos.

Neste operativo especial, ademais da policía local de Baiona, participasen policías locais dos concellos de Cambados, Ponteareas, Tui, Mos, e Vigo. A estes efectivos uniranse as tres seccións de Guardia Civil, que son as do mar, a de tráfico e a especializada en seguridade e orde público. No operativo tamén teñen unha destacada función os servizos de Emerxencias do Val Miñor e Protección Civil. Todos eles traballasen en coordinación co 112, servizo de emerxencias.

O protocolo de seguridade contempla varias liñas de actuación: entre elas as deseñadas especialmente para casos de emerxencia que se poderán levar a cabo tanto por mar, como por aire e terra. As actuacións tamén se centran en garantir a seguridade de todos os cidadáns con accións preventivas.

Angel Rodal destacou e agradeceu o interese de Antonio Coello polo bo desenvolvemento da Festa da Arribada “ano tras ano o subdelegado asiste persoalmente á coordinación, isto demostra interese, sensibilidade e sentido do deber por parte do máximo responsable da seguridade na provincia”.

Segundo explicou o rexedor, o dispositivo consiste nun “plan de autoprotección“, no que se incorporou “a experiencia de anos anteriores”. “Ano a ano melloramos en afluencia e en seguridade para que non haxa problemas e, se os hai, sáibase actuar”, concluíu.

Lea mais:  O Palacio sede da Deputación de Pontevedra acolleu a presentación da primeira Festa da Arribada de Interese Turístico Internacional

- Publicidade -spot_img