No hall da sede do Palacio Provincial e despois dunha breve introducción por parte da concelleira de Cultura do Concello de Baiona, María Iglesias, na puidemos ver en primicia o vídeo de presentación do Real Mercado Medieval da Arribada deste ano, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal e a presidenta da Deputacióin de Pontevedra, Carmela Silva, presentaron a XXI edición da Festa da Arribada de Baiona que foi recentemente declarada de interese turístico internacional.
Na sús intervenvión o alcalde de Baiona destacou que este ano, como novidade, a Festa da Arribada de Baiona se celebrará durante tres días: 4, 5 e 6 de marzo. Amais, Ángel Rodal deu a coñecer a historia da Arribada da carabela Pinta a Baiona que converteu á vila na primeira localidade do vello continente en recibir as novas do descubrimento de América.
“Grazas ao traballo de moita xente e a importante colaboración dos veciños de Baiona, alcanzouse esta distinción” Ángel Rodal
Lembrou que só en 21 anos alcanzouse esta declaración de Festa de Interese Internacional, e todo foi grazas ao traballo de moita xente e a importante colaboración dos veciños de Baiona.
Pola súa banda, Carmela Silva manifestou sentirse moi orgullosa de que “neste ano tan especial, por ser o primeiro no que a Festa da Arribada se celebra tras a súa declaración como festa de interese turístico internacional, Baiona escollese á Deputación de Pontevedra, casa de todos os concellos da provincia, como o escenario para a presentación da súa festa máis emblemática, como noutras edicións fixera noutras cidades de Galicia, de Portugal ou Castela-León”.
A Presidenta subliñou que “o ano pasado máis de 200.000 persoas acudiron ata Baiona para gozar desta festividade que transforma á vila de Baiona nun burgo medieval, converténdoa nun importante reclamo turístico e revulsivo económico para a vila”..
O acto de presentación, finalizou cunha pequena representación escénica da man do Bruxo Queiman e Andrea Pousa no mesmo hall de entrada do Pazo Provincial e degustación de doces típicos da Arribada entre os que se atopaban ñoclos de Pinzón, rosquillas ou tartas de Sarmiento.






Comments are closed.