spot_img
InicioVal MiñorBaionaEste fin de semana na baía de Baiona disputaranse as probas nas...

Este fin de semana na baía de Baiona disputaranse as probas nas que sairá o campión galego da clase 420 de vela

este-fin-de-semana-na-baia-de-baiona-disputaranse-as-probas-nas-que-saira-o-campion-galego-da-clase-420-de-vela

Uns 50 regatistas de entre 14 e 18 anos chegados da Coruña, Oza, Portosín, Vilagarcía, Vigo e Baiona pelexarán por facerse co máximo título autonómico da clase

A vila mariñeira de Baiona coroará este fin de semana ao campión galego da clase 420 de vela de entre os preto de cincuenta novos regatistas que participarán no campionato autonómico organizado polo Monte Real Club de Yates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais e a colaboración da Federación Galega de Vela.

As probas iniciais, que tiveron que ser suspendidas o fin de semana pasado a causa do mal tempo, celebraranse mañá sábado a partir das doce e media da mañá na baía baionesa. O comité de regata tratará de dar saída a catro regatas que se completarán na xornada dominical con outras tres máis para elixir, cun máximo de 7 probas, aos gañadores do campionato.

Entre os clubs favoritos para alzarse co título está o Real Club Náutico de Vigo, que colocou a varias das súas tripulacións nos postos de honra das regatas clasificatorias previas. Na competición participan, ademais, regatistas dos clubs náuticos da Coruña, Oza, Portosín, Vilagarcía e Baiona.

O Trofeo Baitra – Campionato Galego de 420 disputarase en dúas xornadas, o sábado e o domingo, e finalizará coa entrega de premios no Monte Real Club de Yates.

- Publicidade -spot_img