spot_img
InicioBaixo MiñoO Ministerio de Fomento comprométese coa Consellería de Cultura e Educación a...

O Ministerio de Fomento comprométese coa Consellería de Cultura e Educación a financiar novas obras de rehabilitación na catedral de Tui

xerente-do-xacobeo-presenta-o-libro-la-catedral-de-tui-desde-su-plan-director

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, asinaron protocolos de colaboración polos que que o Goberno central se compromete a financiar o acondicionamento para usos culturais de varias dependencias do conxunto catedralicio de Tui.

comillasA sinatura destes acordos reafirma o compromiso de ambas administracións coa conservación dos dous monumentos, declarados Ben de Interese Cultural. A obra suporá un investimento de máis de 552.340,97 euros  por parte do Ministerio de Fomento

As obras obxecto do protocolo no referido ao conxunto catedralicio de Tui,  consistirán no acondicionamento das dependencias do antigo pazo episcopal, edificio claustral, para destinalas a usos culturais compatibilizándoos co uso institucional e representativo do bispado. A obra suporá un investimento de máis de 552.340,97 euros e xa está licitada, polo que podería executarse cara o verán e estar rematada antes de finalizar o ano.

o-ministerio-de-fomento-comprometese-coa-conselleria-de-cultura-e-educacion-a-financiar-novas-obras-de-rehabilitacion-na-catedral-de-tuiOs principais traballos que contempla o proxecto son a restauración da cuberta do edificio, o saneamento de xuntas da fábrica e renovación dos tabiques interiores, a reparación das reixas de forxa e eliminación das reixas non históricas e sen función e a reparación ou substitución da práctica totalidade do pavimento das dependencias obxecto da obra. Ademais repararanse ou mudaranse as carpinterías de madeira, segundo o seu estado de conservación; e remodelaranse as instalacións existentes, aproveitando todos os mecanismos e accesorios que sexa posible co fin de garantir a conservación máis tradicional posible do edificio.

Esta nova intervención supón elevar o investimento realizado desde 2009 na recuperación deste templo a case 1 millón de euros. Neste sentido cómpre lembrar que se desenvolveron traballos de restauración da fachada norte e tarefas de limpeza e impermeabilización e retellado nas cubertas das torres da Catedral, da Sala Capitular, do Pazo da Contadoría, do presbiterio e capela de San Telmo, do Triforio norte e do Transepto norte; así como actuacións para a conservación das fábricas pétreas da Torre de San Andrés, Campanario e Salón do Trono e a protección do arquivo catedralicio. Así mesmo substituíronse algunhas carpinterías, revisáronse os canlóns e enchumbados da zona norte do Conxunto catedralicio, e realizáronse estudos dos movementos estruturais e das pinturas murais da Sala Capitular Gótica.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.