spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior presenta a súa III Carreira popular da Ostra

Soutomaior presenta a súa III Carreira popular da Ostra

soutomaior-presenta-a-sua-iii-carreira-popular-da-ostra

O Concello de Soutomaior fixo a presentación da III Carreira da Ostra por medio do seu Alcalde Agustín Reguera e o delegado de deportes Paco Iglesias.

A carreira disputarase o domingo 27 de marzo nun percorrido para os sénior e veteranos de 5.350 metros que discorrerá polo paseo marítimo e as rúas de Arcade fixándose a saída e a meta no porto de Arcade.

A parte da carreira dos sénior haberá distintas carreiras e distancias segundo a idade dos participantes (pitufo,benjamín,infantil,etc.)

A clasificación será por categorías e absoluta. Premiaranse os tres primeiros clasificados homes e mulleres en cruzar a meta.

Tamén haberá un premio especial ao mellor clasificado nado ou censado no Concello de Soutomaior tanto en categoría masculina como feminina.

Para as categorías junior, promesa, sénior e veterano o deportista terá unha cota de inscrición de 5 ? mais 1 ? de aluguer do chip (obrigatorio o seu uso) que será devolto ao finalizar a carreira e entregalo.

Para o resto das categorías e para todos os participantes censados no Concello de Soutomaior a inscrición será gratuíta.
Os empadroados no Concello de Soutomaior poderán inscribirse no Pavillón Municipal ata o mércores 23 de marzo e o resto de participantes terán que facelo na páxina web www.cronotec.es/www.gestsportgalicia.es.

O regulamento, percorrido, etc. poderanse consultar na mesma páxina web do Concello de Soutomaior ou en www.cronotec.es.

A III Carreira da ostra ao celebrarse a semana anterior á festa da ostra servirá de promoción turística, afirma o Alcalde Agustín Reguera, e a anima a todos a participar nesta carreira popular onde o mesmo participará aínda que o seu tempo, confesa, non estará entre os 100 primeiros

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.