spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e a Universidade de...

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e a Universidade de Vigo asinan un convenio de colaboración

universidade-de-vigo-e-deputacion-de-pontevedra-asinan-por-primeira-vez-un-protocolo-de-colaboracion-a-catro-anos

O obxecto do convenio é a sensibilización e a promoción da cooperación ao desenvolvemento, a axuda humanitaria e a educación ao desenvolvemento entre a comunidade universitaria.

O texto do convenio recolle as seguintes cláusulas de colaboración:

-Desenvolvemento de proxectos de investigación.
– Difusión de programas de voluntariado e prácticas profesionais entre o estudantado e a comunidade Universitaria, ofertadas polas ONGD socias da Coordinadora
-O recoñecemento de actividades formativas e de voluntariado vinculado á cooperación e a educación para o o desenvolvemento con créditos ETCS.
– A promoción e cesión de espazos por parte da universidade para a realización de actividades vinculadas á difusión da cooperación, á educación ao desenvolvemento e á participación social levadas a cabo por ONGD que integran a Coordinadora Galega de ONGD consideradas de interese para a comunidade universitaria (seminarios, conferencias, cursos, etc).
– Colaboración para a difusión e promoción dos produtos de comercio xusto entre a comunidade universitaria e nas instalacións da universidade.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.